Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Cariño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Nº expediente: 17/1999.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: depósito de auga en Chan do Monte (A Pedra).

b) Lugar de execución: A Pedra. Concello de Cariño.

c) Prazo de execución (meses): catro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación:

Nove millóns cincocentas mil pesetas (9.500.000), IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: 190.000 ptas.

Definitiva: 380.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Cariño.

Enderezo: praza da Pulida s/n.

Localidade e código postal. 15360 Cariño.

Teléfono: 981 40 50 64.

Fax: 981 40 50 29.

7. Clasificación do contratista:

Clasificación: A.2.c; E.1.c; G.6.c.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 11 do prego-tipo de cláusulas adminsitrativas particulares que deberán rexe-la contratación de obras, mediante poxa con procedemento aberto, do Concello de Cariño (BOP nº 207 do 7-9-1996.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Cariño (rexistro xeral).

2ª Enderezo: praza da Pulida s/n.

3ª Localidade e código postal: 15360 Cariño.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados desde a apertura das proposicións (Art. 90 LCAP).

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ó luns seguinte.

b) Hora: 12 horas.

10. Gastos dos anuncios:

Os gastos correspondentes ós anuncios de licitación serán de conta do adxudicatario.

En Cariño, 3 de setembro de 1999.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde