Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e trámite de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para a adaptación da aplicación LIBRA para o uso de documentos en dous idiomas (galego e castelán).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización de estudios e traballos técnicos para a adaptación da aplicación LIBRA para o uso de documentos en dous idiomas (galego e castelán).

b) Lugar de entrega: o que sinale a administración contratante.

c) Prazo de execución: o sinalado no punto catro do prego de prescricións técnicas e no punto E da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: dispensada.

b) Definitiva: 240.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 45 17/54 62 29.

e) Telefax: 981 54 46 96/54 62 27.

f) Data límite para obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o décimo terceiro día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado ou inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior y Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1999.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais