Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da subministración consistente na uniformidade para persoal laboral en centros dependentes desta delegación provincial.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e Art. 24 do R.D. 390/1996,

do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nº de expediente: 99/11/000884.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: uniformidade para persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

c) Lote: distribúese en 9 partidas.

PartidaImporte licitación

Partida I: pezas de roupa diversas (á medida)1.909.850 ptas.

Partida II: pixamas e batas1.937.500 ptas.

Partida III: roupa de punto2.790.000 ptas.

Partida IV: roupa de cociña467.400 ptas.

Partida V: roupa de mantemento183.000 ptas.

Partida VI: roupa deportiva820.500 ptas.

Partida VII: calzados: zapatos de pel588.000 ptas.

Partida VIII: calzado: zapatilla deportiva512.500 ptas.

Partida IX: calzado: zocos1.412.000 ptas.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 102 do 31 de maio de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 10.620.750 ptas. (dez millóns seiscentas vinte mil setecentas cincuenta pesetas) IVE incluído.

5. Adxudicación: adxudícaselles ás seguintes empresas:

a1) Data: 27 de xullo de 1999.

b1) Contratista: El Corte Ingles, S.A.

c1) Nacionalidade: española.

d1) Importe de adxudicación:

-Partida I: pezas de roupa diversas (confección á medida): 1.906.240 ptas. (un millón novecentas seis mil duascentas corenta pesetas) IVE incluído.

-Partida II: pixamas e batas: 1.784.971 ptas. (un millón setecentas oitenta e catro mil novecentas setenta e unha pesetas) IVE incluído.

-Partida IV: roupa de cociña: 331.550 ptas. (trescentas trinta e unha mil cincocentas cincuenta pesetas) IVE incluído.

-Partida VI: roupa deportiva: 768.571 ptas. (setecentas sesenta e oito mil cincocentas setenta e unha pesetas) IVE incluído.

-Partida VII: calzado (zapatos pel): 389.340 ptas. (trescentas oitenta e nove mil trescentas corenta pesetas) IVE incluído.

a2) Data: 27 de xullo de 1999.

b2) Contratista: Equipamientos Cruceiro, S.C.L.

c2) Nacionalidade: española.

d2) Importe de adxudicación:

-Partida III: roupa de punto: 2.325.000 ptas. (dous millóns trescentas vintecinco mil pesetas) IVE incluído.

-Partida V: roupa de mantemento: 145.885 ptas. (cento corenta e cinco mil oitocentas oitenta e cinco pesetas) IVE incluído.

-Partida IX: calzado (zocos): 1.379.800 ptas. (un millón trescentas setenta e nove mil oitocentas pesetas) IVE incluído.

a3) Data: 27 de xullo de 1999.

b3) Contratista: Deportes Jalda, S.L.

c3) Nacionalidade: española.

d3) Importe de adxudicación:

-Partida VIII: calzado (zapatilla deportiva): 510.375 ptas. (cincocentas dez mil trescentas setenta e cinco pesetas) IVE incluído.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 9 de agosto de 1999.

P.A.

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial de Pontevedra