Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ACORDO do 19 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, de iniciación do expediente sancionador S-20/99 seguido nesta delegación provincial contra Ovidio Álvarez Domínguez.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, (BOE do 27), faise público o acordo de iniciación recaído no expediente sancionador que se indica e que se segue nesta delegación provincial ó presunto infractor que no anexo se sinala, xa que, intentándose a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura á disposición do interesado para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70.

Contra o dito acordo de iniciación poderá formular alegacións e achega-las probas que estime pertinentes en defensa dos seus dereitos, no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó desta publicación.

Ó mesmo tempo advírteselle que transcorrido o dito prazo, seguirá o expediente o trámite ordinario podendo ser considerado o acordo de iniciación como proposta de resolución, no caso de que non se fagan

alegacións (artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, BOE do 9).

ANEXO

Expediente: S-20/99.

1. Interesado e domicilio coñecido: Ovidio Álvarez Domínguez. DNI 35.792.786, r/ Rianxo, nº 3-2 C. A Coruña.

2. Feitos imputados: ás 11 horas do día 30 de marzo do ano en que estamos, cando unha patrulla da Policía Autonómica da Xefatura Provincial de Lugo se atopaba prestando servicio de control das condicións sanitarias de producción e comercialización de productos pesqueiros e da acuicultura en Rubían-Bóveda (Lugo), procederon a identifica-lo automóvil turismo con matrícula C-9900-AJ, conducido por Ovidio Álvarez Domínguez, o cal levaba no automóvil diversos tipos de peixes e que non levaba guía-factura.

3. Preceptos infrinxidos: artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade; artigo 2.1º.1 e 2.2º do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria; artigo 1.1º d) do D. 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia sanitaria; artigo 3.1º.7 do R.D. 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (modificado polo R.D. 1840/1997, do 5 de decembro); artigos 17.2º e 23.2º do D. 419/1993, do 17 de decembro, da Xunta de Galicia, polo que se refonde a normativa vixente sobre descarga e primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco.

De acordo co artigo 35.A).3ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade, o dito feito constitúe unha infracción sanitaria que pode ser cualificada como leve, e polo tanto, de acordo co artigo 36.1º a) da citada lei, sancionarse con multa de ata cincocentas mil pesetas (500.000 ptas.).

Lugo, 19 de agosto de 1999.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo