Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 13 de setembro de 1999 Páx. 11.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do contrato da subministración consistente na adquisición de mobiliario para a unidade de farmacoterapia xeriátrica na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e artigo 24 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de subministración.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Número de expediente: 99/11/430011.

2. Obxecto do contrato.

a)Tipo do contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: mobiliario para a unidade de farmacoterapia xeriátrica na Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 105, do 3 de xuño de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 5.000.000 de ptas. (cinco millóns de pesetas) IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 9 de agosto de 1999.

b) Contratista: Médica 4, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 4.991.312 ptas. (catro millóns novecentas noventa e unha mil trescentas doce pesetas) IVE incluído.

O que se fai publico para xeral coñecemento.

Pontevedra, 9 de agosto de 1999.

P.A.

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial de Pontevedra