Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de poxa con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a obra seguinte:

Obxecto: urbanización no ámbito do PA-1 Urbanización Bastiagueiro, en Perillo.

Orzamento de licitación: 11.862.006 ptas.

Fianzas:

Provisional: 237.240 ptas.

Definitiva: 474.480 ptas.

Prazo de execución: catro meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 4 de agosto de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa