Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de poxa con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a obra seguinte:

Obxecto: saneamento e auga potable en Broño (Maianca)-1ª fase.

Orzamento de licitación: 5.995.892 ptas.

Fianzas:

Provisional: 119.918 ptas.

Definitiva: 239.836 ptas.

Prazo de execución: dous meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 3 de agosto de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa