O Concello de Oleiros contrata, por medio de poxa con procedemento aberto e polo trámite de urxencia, a obra seguinte:
Obxecto: construcción dun tramo da rede de auga e de sumidoiros en Fornos (Serantes).
Orzamento de licitación: 8.297.474 ptas.
Fianzas:
Provisional: 165.949 ptas.
Definitiva: 331.899 ptas.
Prazo de execución: dous meses.
Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP; ata as 13 horas.
Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.
Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.
Oleiros, 25 de agosto de 1999.
Esther Pita Pita
Alcaldesa