Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 10 de setembro de 1999 Páx. 11.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial e adaptación da xornada para o ano 1999 do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-7-1999, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo, integrada en representación da parte económica pola Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento da Coruña e da parte social por UGT e CC.OO. o día 5-7-1999 de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores,

Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primerio.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xullo de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia

da Coruña (5-7-1999)

Asistentes:

Pola parte social: Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.), Celestino Pérez Vázquez (UGT), Jesús Mª Calvo Romero (UGT).

Pola parte empresarial: Francisco García Carrillo, Luis Neira Pérez, Laureano Pérez Expósito (Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña), Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

Na Coruña, ás dezasete horas trinta minutos do día 5 de xullo de 1999, reúnense as partes arriba indicadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña (r/ Rafael Alberti 8, Pcpal), co obxecto de asina-la revisión salarial para o ano 1999 e a adaptación de xornada.

A revisión salarial para o ano 1999 supón un incremento do 2,2% sobre os salarios do ano anterior.

Respecto á xornada, quedará do xeito seguinte:

Días do ano: 365.

Sábados: -50.

Domingos: -52.

Festas nacionais: -12.

Festas locais: -2.

Dias de traballo ano: 249.

Total horas de traballo 1.992.

30 días naturais de vacacións: -168.

Total: 1.824.

Adaptación: -56.

Total horas efectivas de traballo: 1.768.

Para face-la adaptación das 56 horas relacionadas no cadro anterior, acórdanse como días festivos orientativos para o ano 1999, os seguintes: 11 de outubro, 7 de decembro, 24 de decembro e 31 de decembro. Tales días poderán ser modificados de común acordo entre a empresa e traballadores. As 24 horas restantes adaptaranse de común acordo en cada empresa cos seus traballadores.

Así mesmo, acórdase facultar a Marina Graña Bermúndez, asesora laboral da CEC, para que cumpra os trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación desta acta e as táboas salariais.

Non habendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión ás 19 horas da data arriba indicada.