Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento da resolución adoptada pola alcaldía do día 25-8-1999, anúnciase a contratación das obras, por procedemento aberto e concurso, de:

1. Obxecto do contrato: D. 2 acondicionamento casa do concello 1ª fase.

2. Tipo de licitación: 18.596.142 ptas.

3. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

4. Garantía provisional e definitiva: o 2% e o 4% do orzamento.

5. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG.

6. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Sada, 26 de agosto de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde