Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

O decreto do alcalde número 1454, do día 30 de xuño de 1999, aprobou inicialmente os proxectos dos estatutos e bases de actuación necesarios para constituí-la xunta de compensación do polígono 2 do solo urbanizable programado número 3 (SUP-3) de Pontepedriña, promovidos pola comunidade de herdeiros de Francisco Gómez García e Unión Hotelera Gallega.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 121 e 133.4º, en relación co 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que os interesados poidan consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas. Así mesmo, os interesados poderán solicitar, se así o desexan, a súa incorporación á xunta de compensación. A solicitude formularase por escrito e deberán achegarse os documentos acreditativos do dereito sobre os terreos afectados.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1999.

Encarna Otero Cepeda

Alcaldesa en funcións