Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.123

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO de licitación.

En cumprimento da resolución da Alcaldía do 1-9-1999 e do disposto nos Arts. 79 da 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 326 da Lei 7/1997, do 22 de xullo, da Admón. local de Galicia, faise pública a licitación do seguinte

Contrato de obra.

1. Obxecto: dotación de servicios na rúa de enlace Avda. Galicia-rúa San Lázaro.

2. Tramitación: ordinaria.

3. Procedemento: aberto.

4. Sistema de adxudicación: poxa.

5. Prezo e financiamento: vintecinco millóns duascentas setenta e catro mil noventa e nove pesetas (25.274.099 ptas., 151.900,39 euros) IVE incluído con cargo á partida orzamentaria 99/432.600-02.

6. Prazo de execución: seis meses.

7. Período de garantía: un ano.

8. Fianza provisional: 505.482 ptas. (3.038,01 euros).

9. Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato 1.010.964 ptas. (6.076,02 euros).

10. Clasificación: como empresa de obras, grupo E, subgrupo 1, categoría c); grupo G, subgrupo 4, categoría c).

11. Presentación de ofertas: durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG, cos requisitos do Art. 8 do prego de condicións, presentándoas no rexistro do concello ou remitíndoas por correo, comunicándolle neste caso mediante telegrama ou fax.

O prego do condicións económico-administrativas particulares está a disposición de tódolos contratistas interesados nas oficinas xerais do Concello de Ribadeo, Pza. de España nº 1, 27700 Ribadeo-Lugo, teléfono: 982 12 86 50, fax: 982 13 09 75, horario de atención ó público de 9 a 14 horas de luns a venres.

12. Modelo de proposición: Don/a...veciño/a de..., con enderezo en..., titular do DNI/NIF..., en nome propio (ou en representación de...), conforme acredito con poder verificado informado/a concurso tramitado polo Concello de Ribadeo para a adxudicación, mediante procedemento aberto, das obras de dotación de servicios na rúa de enlace Avda. Galicia-rúa San Lázaro manifesta o coñecemento e conformidade cos pregos de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas, e comprométese a executalas na forma determinada nos citados pregos por un prezo de... ptas. (en letra e número), e para tal efecto xunto proxecto técnico e memoria anexa que comprenda os seguintes extremos.

13. Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación en acto público, segundo a cláusula 11 do prego, dentro dos 10 días seguintes ó de remate de presentación de ofertas e logo de convocatoria dos licitadores.

Ribadeo, 1 de setembro de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde