Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.107

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 1 de setembro de 1999 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán acompañar xunto á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupa-los postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma

localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ó da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderá impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Código: OT.C05.00.000.15770.020.

Denominación do posto de traballo: Servicio Transporte Ferroviario.

Centro directivo: Dirección Xeral de Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.703.640.

Titulación: 2004 enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos /3007 enxeñeiro técnico de Obras Públicas.

Formación específica: 061 experiencia en transportes terrestres.

Código: OT.C05.00.000.15770.028.

Denominación do posto de traballo: Servicio de Apoio Xurídico.

Centro directivo: Dirección Xeral de Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A1 xeral.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Específico: 1.703.640.

Titulación: 2062 licenciado en Dereito.

Formación específica: 061 experiencia en transportes terrestres.