Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (384/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber:

Que no xuízo verbal seguido neste xulgado co nº 384/1996, por instancia de José Celestino Iglesias Pazos, contra Luis Jorge Fafián e a Compañía de seguros Europa, cítase a Luis Jorge Fafián, para que o día 19 de outubro, ás dez horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de asistir á realización do xuízo verbal, baixo apercibimento de que, de non o facer, se seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para que lle sirva de citación ó demandado Luis Jorge Fafián, en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela, o trinta de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado