Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.099

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L.

Visto o texto da acta do convenio colectivo da empresa Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-7-1999, subscrito en representación da parte económica polo representante legal da empresa, e, da parte social polo, comité de empresa, na que se acorda manter en vigor e sen modificación ningunha o texto íntegro do convenio anterior e se aproba a táboa salarial para 1999, con data do 27-5-1999. De conformidade co disposto no artigo 5 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de xullo de 1999.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta final

Reunidos, pola parte económica, Silvino Tenorio Rey, en calidade de representante legal da empresa Estiba e Desestiba del Noroeste, S.L. (Estinorte).

E pola parte social, o comité de empresa constituído polos seguintes membros:

UGT: Ignacio Souto Valverde, Eva Fernández Martínez.

CGT: José Manuel Pérez Rodríguez.

CIG: Benjamín Santaclara Martínez, Cándido Villar Rodríguez.

A presente reunión ten por obxecto dar por finalizada a negociación do convenio de empresa, chegando ámbalas partes á adopción dos seguintes acordos:

Primeiro.-Modifícase a táboa salarial aplicando o incremento pactado, quedando esta como no anexo I adxunto a este acordo.

Segundo.-Mantense en vigor, e sen ningunha modificación o texto íntegro do convenio anterior con tódolos aspectos que nel se regulan.

Terceiro.-A vixencia deste acordo será desde o día 1 de xaneiro ata o 31 de decembro do presente ano.

E en proba de conformidade asinan este acordo e as súas copias tódolos intervenientes, comprometéndose a empresa a remitilo á autoridade laboral para a súa debida publicación no BOP.

Moaña, 27 de maio de 1999.

ANEXO I

Estiba y Desestiba del Noroeste, S.L.

Táboa salarial ano 1999

123456789

Estibador especialista2.5601.0241.9574213763491.0007.687

Amanteiro2.5601.0241.9574213763491.0007.687

Enganchador2.5601.0241.9574213763491.0007.687

Estibador2.387 9551.6163923343211.0007.005

Mozo especializado2.5021.0013884112413444.887

Mozo2.338 9343653852252514.498

1. Salario base.

2. Inhábiles.

3. Tóxico, penoso, perigoso.

4. Gratificación voluntaria.

5. Extras xullo e decembro.

6. Vacacións.

7. Transporte.

8. Axudas de custo.

9. Total salario día.