Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.095

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999 sobre homologación do curso Formación para Guías Turísticos organizado pola Escola Oficial de Turismo da Secretaría de Estado de Comercio, Turismo e Pemes.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, da Orde do 26 de marzo de 1998, pola que se regulamenta a profesión de guía de turismo especializado de Galicia, esta dirección xeral resolve homologa-lo curso Formación para Guías Turísticos desenvolvido entre os días 1 ó 5 de xuño de 1998 na cidade de Santiago de Compostela, cunha duración de 40 horas e organizado pola Escola Oficial de Turismo da Secretaría de Estado de Comercio, Turismo e Pemes coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, para os efectos establecidos no artigo 4 da referida orde.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1999.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo