Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.084

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de xullo de 1999 pola que se autoriza a oferta de ciclos formativos no centro público IES número 1 de Lugo.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado.

No marco destas competencias e da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional e as artes aplicadas e deseño o de lles dar unha resposta puntual e axeitada ós requirimentos de formación profesional provenientes do mundo productivo.

A necesidade de manter en todo momento actualizada a oferta educativa dos centros incide na necesidade de revisar periodicamente a oferta educativa. Neste sentido, debe acometerse de xeito progresivo a substitución das actuais ensinanzas de formación profesional e de artes aplicadas e deseño polos novos ciclos formativos, dentro do calendario previsto, e procurarase a ampliación de oferta no contexto dos obxectivos sinalados polo Fondo Social Europeo.

Por outra parte, a progresiva implantación do ensino do novo sistema educativo fai que distintos centros poidan requiri-la a implantación de ciclos formativos de graos medio e superior, como oferta para o alumnado que remata o ensino secundario obrigatorio e as diferentes modalidades de bacharelato.

Na súa virtude, visto o Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autoriza-la oferta dos ciclos formativos no centro público de ensino secundario que se relaciona a continuación, para o período escolar 1998-2000:

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

IES nº 1 (código: 27006516).

-Ciclo de grao medio fabricación a medida e instalación de carpintería e moble.

-Ciclo de grao medio obras de albanelería.

Segundo.-Requirirase un mínimo de 15 alumnos para poder imparti-los ditos ciclos formativos, salvo

autorización expresa da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, e non poderán, mentres tanto, formalizar ningunha matrícula. Esta condición do número mínimo de alumnos debe ser posta en coñecemento dos interesados no momento da súa preinscrición.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional determinará en cada caso o número máximo de alumnos por grupo atendendo ás condicións pedagóxicas e medios didácticos concretos. O número máximo de alumnos de cada grupo será de 30, e non se contabilizarán para estes efectos o alumnado repetidor.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional e de Centros e Inspección Educativa para dicta-las resolucións que consideren necesarias para o axustado desenvolvemento do disposto na presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria