Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 09 de setembro de 1999 Páx. 11.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1999 pola que se convoca un curso de Internet para secretarios de Administración local.

No uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de Internet para secretarios de Administración local, que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Facilita-lo acceso deste persoal ó mundo da rede internacional de ordenadores.

Segunda.-Destinatarios.

Secretarios de Administración local con destino na Comunidade Autónoma de Galicia que posúan coñecementos a nivel básico en materia de informática, circunstancia que deberá ser acreditada.

Terceira.-Desenvolvemento.

Duración: 20 h.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública.

Datas: 15, 19 e 22 de outubro de 1999.

Horario: martes, de 10 a 14 horas e de 15 a 17 horas, e venres, de 10 a 14 horas e de 15 a 19 horas.

Prazas: máximo de 20.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que segundo o modelo oficial figura como anexo desta resolución, e cubrila en tódolos epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP, e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 27 de setembro de 1999.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de

1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las inicidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con reguralidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada. A falta de asistencia inxustificada do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, que supere o 15% das horas lectivas programadas, imposibilitará igualmente a expedición do certificado, e dará lugar á baixa do curso con perda de tódolos dereitos.

Oitava.-Valoración.

Para os efectos do establecido na Resolución do INAP do 26 de outubro de 1994, BOE nº 267, do 8 de abril e corrección de erros, BOE nº 311, do 29 de decembro, pola que se establecen os criterios de recoñecemento e valoración dos cursos de Administración local en cumprimento do establecido na orde do Ministerio para as Administracións Públicas do 10 de agosto de 1994, ó presente curso outorgoráselle unha puntuación de 0,20 puntos.

Novena.-Contido.

Historia. Conceptos básicos iniciais. Word Wide Web. Accesos directos ós lugares máis visitados. Buscas. O correo electrónico. Configuración dos programas necesarios. Comprobación de coñecementos adquiridos.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública