Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.069

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, tramitación urxente, da explotación da cafetería e comedor do Hospital Comarcal de Valdeorras (concurso público 6/1999).

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal de Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no punto i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, concurso público nº 6/99, tramitación urxente, da explotación da cafetería e comedor do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e canon de explotación:

A contratación da explotación da cafetería e comedor do Hospital Comarcal de Valdeorras, por un anual mínimo de 1.200.000 ptas. (7.212,145 euros/ano), IVE incluído.

Prazo de execución:

4 anos prorrogables, sen que a duración total, incluídas as prórrogas, supere os 6 anos.

Documentos de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50, do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Tfno.: 988 33 90 05.

Fianzas:

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do canon anual de explotación, por un importe de vintecatro mil pesetas (24.000 ptas.) (144,243 euros), e unha fianza definitiva do 4% do canon ofertado polo empresario. Estas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da

Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en diante, LCAP).

Solvencia económica e financiera:

Acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19).

Solvencia técnica:

Acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19).

Clasificación:

Non se precisa.

Criterios de adxudicación:

-Relación calidade/prezo: ata 40 puntos.

-Canon de amortización e explotación: ata 20 puntos.

-Solución técnica que supoña unha mellora da prestación do servicio: ata 40 puntos.

Presentación de proposicións:

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal de Valdeorras, antes das 14 horas do decimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal de Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberan achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 26 de agosto de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal

de Valdeorras