Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.068

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, mediante concurso público 5/1999, da contratación consultoría e asistencia do Plan de Calidade Total do Hospital Comarcal de Valdeorras.

A dirección xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atri

bucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 ( DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público nº 5/1999, da contratación de consultoría y asistencia do Plan de Calidade Total do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento: a contratación de consultoría e asistencia do Plan de Calidade Total do Hospital Comarcal de Valdeorras, por un orzamento máximo de 5.250.000 ptas. (31.553,135 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderá ser solicitada no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Teléfono: 988 33 90 05.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación, por un importe de ciento quince mil pesetas (115.000 ptas.) (631,063 euros), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio).

Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19 de maio).

Clasificación: non se precisa.

Criterios de adxudicación:

Valoración técnica de memora de traballo: ata 75 puntos.

Prazo de execución: ata 15 puntos.

Nº de horas de traballo in situ: ata 10 puntos.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén se poderán presentar por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex o telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Comarcal de Valdeorras ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 4 de agosto de 1999.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras