Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.070

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1999 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación da subministración que se indica.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 33/99.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: equipamento do edificio de deportes nas Lagoas-Marcosende (Vigo). b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas no prego de cláusulas. c) División por lotes e número: --. d) Lugar de entrega: o que se indique no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e no contrato. e) Prazo de entrega: 1 mes desde a sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 20.525.269 ptas.

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de licitación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/ Oporto, nº 1, 3ª planta. c) Localidade e código postal: Vigo 36201. d) Teléfono: 986 81 35 71. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Universidade de Vigo. R/ Oporto, nº 1, planta baixa. Vigo 36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Domicilio: r/ Areal, nº 46, 1ª planta. c) Localidade: Vigo 36201. d) Data: terceiro día seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 31 de agosto de 1999.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo