Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/63-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. parque empresarial Chorente.

Situación: Allariz.

Características técnicas: L.M.T. soterrada a 20 kV de 1.220 metros de lonxitude en conductor R.H.V.12/20 kV con orixe no C.T. existente nº 4 e remate no C.T. existente Rofer nº 5. 2 C.T. prefabricados nº 1 e nº 2, ámbolos de 250 kVA e R/T 20.000/380-220 V. 2 R.B.T. soterradas do C.T. nº 1 e nº 2 de 80 metros cada unha en conductor R.V. e-2 R.B.T. aéreas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de agosto de 1999.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións