Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/64-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: C.T. e R.B.T. Vilouriz-Fondo de Vila-A Eirexa-Requeixo.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Características técnicas: substitución do C.T. existente de Vilouriz por outro de 160 kVA e R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. Vilauriz de 2.350 metros en conductor R.Z. e R.B.T. aérea do C.T. Souto de 105 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 13 de agosto de 1999.

Gabriel Diéguez Domínguez

Delegado provincial de Ourense en funcións