Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.061

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 96/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV, con orixe na liña Bañobre-Casanova e final no centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Balbón, do termo municipal de Vilarmaior (Expte. nº 96/1998) por resolución desta delegación provincial do 12 de marzo de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fe

nosa, S.A., con domicilio en Avda de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 13 de setembro de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboeiro de edictos da Casa do Concello de Vilarmaior, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 16-7-1998 e no BOP do 13-6-1998, e no xornal El Correo Gallego do 10-6-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares propostos sexan descoñocidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5º da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 6 de agosto de 1999.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións