Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (77/1998).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 77/1998-10, por instancia de Álvaro Filgueira González, contra José Manuel Mouriño Couto, e nas súas actuacións a Audiencia Provincial da Coruña dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Agustín Pedro Lobejón Martínez, como tribunal unipersoal da Sección Terceira da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou, no nome de El Rei, a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, no xuízo de faltas nº 77 de 1998, seguido por falta de danos e insultos, no que figura como apelante José Manuel Mouriño Couto e, como ape

lado, o Ministerio Fiscal e Álvaro Filgueira González, sobre danos e insultos, decido:

Que, desestimando o recurso de apelación interposto por José Manuel Mouriño Couto contra a sentencia dictada con data do vintenove de outubro de mil novecentos noventa e oito polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, no xuízo de faltas nº 77/1998, debo confirmar e confirmo a expresada resolución decretando de oficio as custas desta alzada.

Notifíqueselles ás partes e, unha vez feito, remítanse os autos orixinais no xulgado de procedencia, xunto con testemuño desta resolución, para cumprimento do acordado, e solicítese xustificante de recepción. Contra esta resolución, que é firme, non cabe interpor ningún recurso ordinario.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo na Coruña, o vinte de maio de mil novecentos noventa e nove».

E para que conste e lle sirva de notificación a Álvaro Filgueira González, expido e asino en Santiago de Compostela o dez de agosto de mil novecentos noventa e nove.

Rubricado