Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.057

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (47/1993).

Por medio deste edicto, faise público, para dar cumprimento ó acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, que nos autos de xuízo de ab intestato nº 47/1993, seguido perante este xulgado por falecemento de María Mercedes Gundín Piñeiro, nacida o día 5 de xaneiro de 1901, solteira, pensionista, filla de José e de Carmen, natural e veciña de Teo, con domicilio en Oza, Vilanova 14, que faleceu o 20 de febreiro de 1993 en Teo, se dictou providencia ordenando expedir este edicto, polo que se anuncia a súa morte sen testar e se convocan os que se crean con dereito á súa herdanza para compareceren perante este Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, a reclamalo dentro dos trinta días a partir da publicación deste edicto, acreditando o seu grao de parentesco co finado e prevéñoos de que, transcorrido o dito termo sen verificalo, recaerá sobre eles o prexuízo ó que houber lugar en dereito.

O que se fai público para os efectos procedentes en Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado