Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.039

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Narón.

Visto o expediente do convenio colectivo para o persoal laboral do Concello de Narón que tivo entrada nesta delegación provincial o día 6-7-1999, subscrito en representación da parte económica polo representante do concello, e da parte social polo Comité de Empresa o día 5-3-1999 e ratificado polo Pleno do Concello de data 26-3-1999, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nes

ta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xullo de 1999.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio subscrito co persoal laboral do concello

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1.1.-Ambito persoal.

1. Este convenio será de aplicación a todo o persoal laboral fixo o eventual que ocupe praza de cadro de persoal no Concello de Narón.

2. Quedan excluídos do ámbito de aplicación deste convenio:

a) O persoal contratado para a realización de traballos específicos e concretos non habituais de carácter excepcional, regulados polo R.D. 2357/1985, do 20 de novembro.

b) O persoal incluído no ámbito de aplicación do R.D. 1382/1985, do 1 de agosto, que regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección.

c) O persoal que preste os seus servicios en virtude dun contrato de asistencia, regulado polo R.D. 1005/1974, do 4 de abril.

d) O persoal que sexa contratado para execución de plans de fomento do emprego, formación de parados/as, programas de servicios sociais ou similares, en desenvolvemento de convenio ou con cargo a subvencións nas que interveña outra entidade, xa sexa da Administración central, autonómica, local ou institucional.

e) O persoal que realice traballos de colaboración social.

Artigo 1.2.-Ámbito temporal.

a) Vixencia: con independencia da data en que sexa asinado polas partes e aprobado polo Pleno da Corporación Municipal, este acordo entrará en vigor o día 1 de xaneiro do 1999, ata o 31 de decembro do ano 2000; anualmente incrementarase na contía do IPC axustada a súa aplicación ás disposicions legais vixentes.

Nembargantes, entenderase prorrogado expresa, temporal e accidentalmente ata a entrada en vigor do acordo que o substitúa.

b) Denuncia: ámbalas dúas partes conveñen en que o acordo se considerará denunciado o día 1 de xaneiro do ano 2001 co obxectivo de revisa-las

axudas sociais ou deliberacións do novo acordo en data non posterior ós 15 días naturais contados a partir da data de denuncia.

Artigo 1.3.-Carácter.

O acordo ten un carácter global, necesario e indivisible para tódolos efectos, no sentido de que as condicións pactadas constitúen un todo orgánico unitario e, para os efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente; vinculado á totalidade, polo que non poderán ser renegociadas, modificadas ou reconsideradas parcialmente illadas do seu contexto, non podendo pretenderse a aplicación de partes do seu articulado rexeitando o resto, xa que sempre terá que ser aplicado e observado na súa totalidade.

Artigo 1.4.-Condicións máis vantaxosas.

As melloras establecidas en calquera outra disposición de calquera rango, e todas aquelas situacións colectivas que comparadas analítica ou globalmente sexan superiores ás do acordo, serán de aplicación consonte co principio da norma máis favorable ou condición máis vantaxosa para os traballadores, con exclusión de situacións singulares e sen prexuízo do previsto no artigo 1.5 seguinte.

Artigo 1.5.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas no acordo serán compensadas e absorbidas en cómputo anual e global coas superiores e existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a orixe, denominación e forma delas.

Artigo 1.6.-Irrenunciabilidade.

Terase por nula ou por non feita a renuncia por parte dos traballadores de calquera dos beneficios establecidos no acordo. Así mesmo, declararase nulo, entendéndose como non disposto e sen ningún efecto, calquera acordo, resolución ou cláusula que implique condicións menos vantaxosas para o persoal laboral do Concello de Narón.

Artigo 1.7.-Aplicación favorable.

Logo de consulta á Comision de Seguimento e interpretación, tódalas condicións establecidas no acordo deberán ser interpretadas e aplicadas da forma que resulte máis vantaxosa para os empregados do concello, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto ó seu sentido e alcance.

Artigo 1.8.-Comisión de Interpretación e Seguimento.

1. Dentro dos 15 días seguintes á publicación oficial no BOP constituirase unha comisión de interpretación e seguimento de interpretación, vixilancia e estudio que ten por obxecto interpretar e estudia-las cuestións controvertidas que se deriven do desenvolvemento e aplicación do presente convenio.

2. Esta comisión terá unha composición de interpretación e seguimento e estará integrada por 3 membros da corporación e outros 3 por parte da representación sindical.

A representación sindical estará formada por:

-O presidente do Comité de Empresa.

-2 vocais designados polo Comité de Empresa ou delegados de persoal.

3. A Comisión de Interpretación e Seguimento poderá actuar por medio de ponencias para considerar asuntos concretos e especializados. En todo caso, a composición das devanditas ponencias terá carácter paritario.

4. Para que sexan válidas as xuntanzas da Comisión de Interpretación e Seguimento será necesaria, polo menos, a asistencia de 2 membros da representación dos traballadores e 2 membros da corporación.

5. Están facultados para propor cuestións derivadas da aplicación do presente convenio, a corporación municipal, e os representantes de persoal, por si mesmos ou a pedimento de calquera traballador incluído no ámbito persoal deste acordo.

6. O presidente poderá convoca-la comisión en calquera momento e, en todo caso, cunha periodicidade mínima de 2 meses. Sen prexuízo do anterior, a comisión poderá reunirse cando causas de urxencia ou necesidade o aconsellen por instancia das partes, nun prazo non superior a 5 días, desde a solicitude da xuntanza.

7. A Comisión de Interpretación e Seguimento decidirá no prazo de 10 días desde a data de xuntanza sobre os asuntos a ela sometidos.

8. Os acordos tomados pola Comisión de Interpretación e Seguimento serán vinculantes para ámbalas dúas partes e aplicaranse en tódolos centros de traballo dependentes do Concello de Narón e no ámbito persoal que corresponde a este convenio.

9. É función da Comisión de Interpretación e Seguimento no ámbito de aplicación do presente convenio a de interpreta-la totalidade do articulado do convenio e vixia-lo cumprimento do pactado.

Artigo 1.9.-Indivisibilidade do convenio.

1. As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas global e conxuntamente en cómputo anual. No suposto de que a xurisdicción laboral competente no exercicio das súas facultades deixase sen efecto ou modificase algunha das estipulacións do convenio, deberá procederse á súa adaptación total, facultándose para iso a Comisión de Interpretación e Seguimento, e sen que iso comporte a negociación do convenio.

2. O presente convenio é de aplicación prevalente sobre calquera outra norma de igual ou inferior categoría, vixente á data da sinatura que regule materias recollidas nel.

Artigo 1.10.-Publicidade do acordo.

1. O presente acordo remitirase á oficina pública á que fai referencia a Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical, e será publicado no BOP inmedia-

tamente despois de súa aprobación polo Pleno da Corporación Municipal.

2. O concello procurará que todos/as e cada un/unha dos/das traballadores/as ó seu servicio estean en posesión dun exemplar deste acordo.

Artigo 1.11.-As partes asinantes do acordo comprométense a esgota-la vía do diálogo e da negociación antes de adoptaren medidas disciplinarias ou actitudes de conflicto colectivo.

Capítulo II

Xornada e calendario laboral

Artigo 2.1.-Horarios laborais.

1. Os horarios de traballo específicos de cada servicio serán os que se recollen no anexo I do presente texto.

2. Os traballadores municipais disporán dun descanso rotativo de 20 minutos diarios retribuídos e non recuperables, dentro da xornada laboral, de xeito que o servicio quede atendido.

3. Para os efectos do establecido no presente artigo, computarase como tempo de traballo efectivo, o estrictamente necesario para vestirse coa roupa de traballo, recoller, gardar ou ordena-la roupa, uniformes, materiais, ferramentas e demais útiles de traballo. En calquera caso, o tempo empregado en cambiarse de roupa non será superior a 7 minutos.

Entenderanse comprendidos dentro da xornada laboral ordinaria os tempos empregados en pausas regulamentarias, desprazamentos e outras interrupcións derivadas do cumprimento das normas de seguridade e hixiene ou da propia organización do traballo.

En síntese, considérase tempo efectivo de traballo o comprendido entre a hora de entrada en que o/a traballador/ora se presenta no centro de traballo e a hora de saída do propio centro.

4. O incumprimento do horario de traballo establecido no presente acordo dará lugar ás correspondentes deduccións en nómina, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias a que puidese dar lugar.

Artigo 2.2.-Traballo en período nocturno.

Entenderase por traballo en período nocturno, o efectuado entre as 10 da noite (22 p.m.) e as 6 da mañá (6 a.m.).

Artigo 2.3.-Traballo en período festivo.

Entenderase por traballo en período festivo o realizado no tempo que medie entre as 22 horas da véspera e 22 horas de cada domingo ou festivo.

Artigo 2.4.-Traballo a quenda.

Naqueles servicios municipais en que, pola natureza da súa actividade, deban organizarse quendas de traballo, estes efectuaranse mediante a rotación entre as distintas quendas de tódolos traballadores.

Especificamente, procurarase que nos servicios nos que a actividade se desenvolva en domingos, festivos, ou horas nocturnas, as xornadas traballadas nas ditas circunstancias sexan repartidas equitativamente entre tódolos/as traballadores/as adscritos/as ó servicio.

Artigo 2.5.-Pausa entre cada xornada.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servicio municipal, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte, mediarán como mínimo 12 horas.

Artigo 2.6.-Horas extraordinarias.

1. Ante a grave situación de paro laboral existente en Galicia, e co obxecto de favorece-la creación de emprego, acórdase a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias, isto é, as realizadas fóra da xornada de traballo, de acordo cos seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión total e absoluta neste eido, se como consecuencia do traballo propio dun servicio se estivesen a facer horas extras de forma habitual e en horario concreto, fóra do calendario establecido, procederase a negociación necesaria para establecer un réxime de horario no que queden aseguradas as necesidades do servicio.

b) Horas extraordinarias necesarias por producirse imprevistos, ausencias, interrupcións do servicio, alteracións nas quendas de persoal ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade ou servicio de que se trate:

Permitiranse sempre e cando non sexa posible resolver estas situacións coa redistribución dos efectivos de persoal existente no cadro de persoal, ou recorrer á contratación temporal en calquera das modalidades existentes na lexislación vixente.

2. No ámbito apuntado no parágrafo anterior, sempre que o persoal municipal parcialmente considerado na súa escala, grupo ou nivel teña realizado ou se prevexa que vaia realizar anualmente un número de horas extraordinarias igual ou superior ó total de horas que corresponda á xornada anual individual no concello, a corporación municipal virá obrigada a negociar co Comité de Persoal, previo o correspondente estudio, a creación e conseguinte provisión no cadro de persoal de tantos postos de traballo como o resultado obtido de dividi-lo número global de horas extraordinarias realizadas entre o número de horas anuais que compoñen a antedita xornada laboral anual.

3. A realización de horas extraordinarias será compensada co desfrute de horas laborables libres na proporción de 1 horas/30 minutos por cada hora extra traballada, agás as 2 primeiras de cada xornada nas que a proporción será 2 horas. Esta proporción será de 2 horas cando as horas extras sexan realizadas en período nocturno ou festivo.

No suposto da necesidade excepcional de rematar un expediente ou servicio, os traballadores realizarán voluntariamente unha prolongación de xornada (polas tardes), o tempo estrictamente necesario, para completa-lo dito traballo, sen que dea lugar a compensacion horaria ou gratificación económica, salvo que sexan superadas as 40 horas anuais. Desta prolongación de xornada estarán exentos aqueles traballos propios do servicio e de tramitación ou execución ordinaria que poidan quedar retrasados por razón de escaseza de persoal.

Por acordo do traballador ou grupo de traballadores e o xefe do servicio ou unidade administrativa, o desfrute das horas de compensación deberán acumularse ata chegar a completar unha xornada de traballo, que non poderán ser acumulables coas vacacións anuais.

Para efectos sempre que un traballador ou grupo de traballadores dun servicio ou unidade administrativa teña realizado horas extraordinarias, elaborarase unha relación na que figurarán a identificación dos traballadores, as horas e data da súa realización e a cuantificación das horas extraordinarias realizadas, que será remitida ó negociado e ó Comité de Persoal, a ademais de entrega-lo oportuno parte escrito ós/ás traballadores/as que realizaron as horas extraordinarias.

4. Os responsables dos servicios ou unidades administrativas responderán persoalmente da certeza e efectividade da realización das horas extraordinarias, así como da veracidade dos condicionamentos aludidos en puntos anteriores que xustificasen a realización delas.

5. Excepcionalmente, e cando o desfrute de horas libres de compensación pola realización de horas extraordinarias poida supor un grave prexuízo para o funcionamento dun determinado servicio ou unidade administrativa, a compensación poderá substituírse pola remuneración económica, logo de informe do xefe de departamento e dando conta inmediata ó Comité de Persoal, nas contías que para cada nivel se establecen no anexo III do presente acordo regulador. O informe do xefe de departamento para estes efectos deberá constar por escrito e será remitido á intervención municipal.

6. Especificamente, terán a consideración de horas extraordinarias as empregadas polos traballadores municipais en asistencia a xuízos ou comparecencias derivadas da prestación de servicios fóra da xornada de traballo. O tempo investido deberá ser xustificado mediante certificado expedido polo xulgado ou organismo correspondente, e contabilizarase cun mínimo de 2 horas por cada asistencia.

Artigo 2.7.-Calendarios laborais.

1. O calendario laboral normal que rexerá para o persoal ó servicio do Concello de Narón será o que figura como anexo II do presente texto, e deberá permanecer exposto nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo.

2. Os servicios que pola súa peculiaridade teñan que organiza-lo seu traballo en réxime de quendas ou non admitan o tratamento común en canto a calendario laboral, elaborarán os seus calendarios baixo os principios de igualdade, rotación e non discriminación entre os/as traballadores/as.

Nos servicios nos que as actividades se desenvolvan en domingos, festivos, horas nocturnas ou en condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade, as xornadas realizadas nas ditas circunstancias deberán ser repartidas equitativamente entre tódolos/as traballadores/as adscritos/as ó servicio, atendendo as características específicas de cada posto de traballo.

3. Os calendarios das quendas elaboraranse anualmente e exporanse nos taboleiros de anuncios antes do 15 de decembro de cada ano, e só poderán ser modificados cando circunstancias imprevistas ou sobrevidas así o requiran.

A proposta de calendario laboral específico de cada servicio será elaborada polos xefes respectivos e negociada cos representantes sindicais.

4. Calquera modificación que se pretende levar a cabo nos calendarios laborais establecidos deberá ser debidamente motivada e argumentada. Toda modificación deberá facerse pública cunha anticipación mínima de 7 días antes das datas afectadas e deberá ser notificada ós interesados e ó Comité de Persoal, coa excepción das modificacións derivadas de situacións sobrevidas e de urxencia.

5. O cambio dun/dunha traballador/ora ou grupo de traballadores/as dentro das quendas preestablecidas deberá ser motivado e obxectivado mediante informe do/a xefe/a do servicio. En todo caso deberán ser oídos os/as interesados/as e o órgano de representación sindical.

Capítulo III

Vacacións, permisos e licencias e situacións administrativas

Artigo 3.1.-Vacacións.

1. Os/as traballadores/as municipais terán dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais, que non serán renunciables nin substituíbles por compensación económica. Terán a duración dun mes (ou na parte proporcional se o período dos servicios prestados fose inferior ó ano), e desfrutaranse preferentemente entre os meses de xuño e setembro (ámbolos dous inclusive), salvo petición expresa do interesado de desfrutalas fóra deste período.

2. As vacacións anuais poderán tamén ser fraccionadas en 2 períodos non inferiores a 15 días, a petición do interesado, sen que o cómputo de ámbalas dúas fraccións poida supera-los 31 días, sempre que o servicio quede debidamente atendido.

3. Cando por razóns de servicio algún traballador ou grupo de traballadores deban desfruta-lo seu período de vacacións anuais fóra dos 4 meses de

preferencia, serán compensados co desfrute adicional de 3 días hábiles.

Artigo 3.2.-Calendario de vacacións.

1. Os calendarios de vacacións anuais de cada servicio exporanse nos taboleiros de anuncios antes do 30 de abril de cada ano, e deberán ser negociados co Comité de Persoal.

2. O calendario de vacacións poderá ser modificado con carácter individualizado, previa solicitude dos/as interesados/as.

3. Cando nun servicio ou sección determinadas as vacacións estean a desfrutarse por quendas correlativas, os cambios de persoal que se realicen non suporán para os/as traballadores/as afectados/as modificación no mes de desfrute de vacacións que lle correspondería na quenda de procedencia, agás de que o cambio sexa aceptado voluntariamente polo/a interesado/a.

4. O período vacacional quedará suspendido cando se presente unha situación de baixa médica, antes ou durante o seu desfrute; as vacacións reanudaranse logo de que a alta médica sexa efectiva.

Artigo 3.3.-Permisos e licencias.

O que veña disposto por lei, salvo en casos excepcionais no que se haberá que ater ó disposto na Comisión de Seguimento deste convenio e ó establecido para o persoal funcionario do concello.

Artigo 3.4.-Vacacións de Semana Santa e Nadal.

Coa finalidade de non provoca-la paralización administrativa e funcional do concello establécese un sistema de quenda maioritario de vacacións do persoal.

Semana santa.-Quenda maioritariamente na semana na que cadran os festivos.

Nadal.-Quenda maioritaria na semana na que cadran máis días festivos.

Artigo 3.5.-Situacións administrativas.

En relación coas situacións do persoal laboral do Concello de Narón, haberase que ater ó disposto na Lei 3/1995, do 10 de abril, da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e no R.D.L. 364/1995, do 10 de marzo, Estatuto dos traballadores, e demais lexislación aplicable, se é o caso.

Capítulo IV

Melloras sociais, asistenciais e profesionais

Artigo 4.1.-Partida de melloras sociais.

1. Establécese para o ano 1999 unha partida dedicada a melloras sociais do persoal laboral indefinido ó servicio do concello para facer fronte ás subvencións recollidas neste convenio.

2. As condicións para optar ás axudas que se establecen con cargo a esta partida serán as que se determinan no Regulamento de subvencións, anticipos e primas que se incorpora como anexo deste acordo regulador.

Artigo 4.2.-Subvencións sanitarias.

O concello subvencionará, logo de presentación de factura, con cargo á partida de melloras sociais:

ConceptoImporte

Oftalmoloxía22.444

Endodoncia19.238

Empaste7.695

Prótese parcial fixa38.466

Prótese parcial con empaste64.128

Prótese completa superior57.714

Prótese completa inferior57.714

Ortodoncia50%

Limpeza bucal6.411

Audífonos100%

Outras próteses ou medicinas especiais segundo prescrición do médico da Seguridade Social100% (con autorización previa)

Artigo 4.5.-Subvención de estudios.

1. O concello subvencionará os gastos derivados dos estudios que realice o persoal laboral municipal, ou seus cónxuxes ou parellas de feito e descendentes directos, nos niveis de preescolar, EXB, E. primaria, BUP, bacharelato, FP, COU, acceso á universidade ou ás escolas técnicas e outros.

2. Esta axuda percibirase por ano escolar adiantado, logo de solicitude do/a traballador/ora e xustificación da matrícula correspondente; aboaranse os importes fixos que figuran no número seguinte.

3. As cantidades que se subvencionarán serán de carácter fixo acordes co nivel para o que se solicite axuda, nas seguintes contías iniciais:

a) Matrícula cónxuxe ou parella de feito e descendentes directos dos traballadores/as: 50%.

b) Aboamento total da matricula ós/as traballadores/as logo de certificado ou xustificantes dela, por curso e unha soa carreira.

Libros traballadores/as, cónxuxes ou parellas de feito e descendentes:

ConceptoImporte

Preescolar-Ed. infantil9.620

EXB-Ed. primaria20.521

BUP-ESO-FP-Bacharelato33.347

COU47.456

Por curso completo e unha soa carreira:

Carreira universitaria53.869

Carreira técnica53.869

Outros33.347

Artigo 4.6.-Subvención por fillos/as ou cónxuxe diminuídos/as físicos ou psíquicos.

O concello aboaralles ós/as traballadores/as con fillos/as ou cónxuxe ó seu cargo, diminuídos físicos ou psíquicos, a cantidade de 22.445 ptas. mensuais por cada un, que será aboada na nómina mensual, sempre que os/as diminuídos/as non perciban ningún tipo de renda derivada do traballo persoal e reúnan as condicións establecidas regulamentariamente. Se percibe unha axuda por importe inferior a esta proposta aboaralle o que falte ata cubri-lo importe das 22.445 ptas.

Artigo 4.7.-Axuda á compra de vivenda.

O concello subvencionará a compra ou promoción dunha primeira vivenda destinada a residencia habitual e permanente dos/as traballadores/as ó seu servicio.

Estas subvencións serán reguladas pola Comisión Mixta.

Artigo 4.8.-Anticipos.

1. O concello, por petición do/a interesado/a, concederalles ós/ás traballadores/as ó seu servicio anticipos reintegrables sen ningún tipo de xuro, ata unha contía máxima de 750.000 ptas. como consecuencia de necesidades derivadas de investimentos en compra ou mellora de vivenda propia e de gastos de enfermidade, entendéndose como tales os seguintes:

a) Os destinados á compra de vivenda que sirva ou vaia servir de residencia única e habitual do/a peticionario/a.

b) Os destinados a obras de rehabilitación e mellora da vivenda que reúna os requisitos do parágrafo anterior.

c) Os destinados á merca de mobiliario para o primeiro establecemento da vivenda que se vaia ocupar.

d) Os gastos derivados de enfermidade propia, do/a seu/súa cónxuxe, fillos/as ou persoa dependente economicamente do/a solicitante.

En calquera dos supostos citados nas letras a) ou b) quedará excluído como beneficiario quen teña en propiedade outra vivenda.

As circunstancias recollidas no punto anterior deberán ser acreditadas consonte se determina no Regulamento de subvencións, anticipos e primas.

A Comisión Mixta será a encargada do informe destas solicitudes.

3. A devolución dos anticipos efectuarase mediante 36 deduccións mensuais en nómina, ata amortiza-la cantidade solicitada, sen prexuízo da posibilidade de amortización en prazos inferiores por peticion do interesado.

O anticipo terá que ser amortizado con anterioridade á data de xubilación, sexa forzosa ou voluntaria, ou ó momento de deixar de prestar servicio no concello.

Artigo 4.9.-Anticipos de mensualidade devengada.

Todo o persoal municipal terá dereito a percibir, en caso de urxente necesidade, un anticipo do 90% das retribucións mensuais ordinarias. Farase efectivo de xeito inmediato, e a cantidade correspondente descontaráselle automaticamente na nómina do mesmo mes.

Artigo 4.10.-Asistencia xurídica e responsabilidade civil.

1. O concello garantirálle-la prestación de asistencia xurídica especializada a tódolos/as traballadores/as que a precisen por razón de conflictos con terceiros derivados da prestación do servicio.

2. O concello subscribirá unha póliza de seguros que garanta unha cobertura suficiente das responsabilidades civís que puidesen derivarse das prestacións do servicio dos empregados municipais, agás nos casos de neglixencia debidamente probada.

Artigo 4.11.-Incapacidade laboral.

O concello proverá os auxilios necesarios para a percepción do 100% das retribucións a que o persoal suxeito no ámbito de este acordo teña dereito, e nos supostos de baixa por enfermidade debidamente comprobada polos servicios médicos ou a percepción do 100% das retribucións básicas e complementarias ós/ás traballadores/as en situacion de baixa por accidente laboral ata a súa recuperación médica total ou pase a unha xubilación por incapacidade laboral definitiva en caso de ser accidente laboral, debéndose xustificar permanente tal situación mediante correspondente parte facultativo, durante o transcurso da enfermidade.

Artigo.4.12.-Seguro de accidentes.

O concello concertará unha póliza de seguro colectivo de accidentes para os/as traballadores/as que cubra os riscos da morte e invalidez permanente, cos seguintes capitais:

Morte natural: 3.000.000 de ptas.

Morte por accidente: 6.000.000 de ptas.

Invalidez total ou permanente: 6.000.000 de ptas.

Estas pólizas entrarán en vigor logo da aprobación polo Concello Pleno deste convenio.

Artigo 4.13.-Diminución da capacidade.

1. Os/as traballadores/as municipais que teñan ou vexan diminuída a súa capacidade e saúde para o desenvolvemento do seu posto de traballo por razóns de accidente, enfermidade, etc, terán dereito a ser trasladados a postos de traballo de segunda actividade por razóns xustificadas logo de informe médico.

2. Atenderanse preferentemente as peticións de traslado dos/as traballadores/as maiores de 55 anos, con especial atención ás condicións de penosidade, perigosidade e toxicidade do posto de traballo que estea a desenvolve-lo solicitante.

3. En calquera caso o traslado de posto de traballo deberá ser asumido voluntariamente polo/a interesa

do/a e o/a traballador/ora percibirá o 100% das retribucións correspondentes ó posto de traballo de orixe.

4. Para estes efectos a Comisión de Seguimento establecerá unha relación de postos de traballo de segunda actividade en cada servicio, vistas as propostas que para estes efectos formularán os respectivos xefes dos servicios.

Artigo 4.14.-Prima por xubilación.

Os/as traballadores/as municipais terán dereito o desfrute dun permiso retribuído dun día por ano, cun mínimo de 15 días e un máximo de 25 días laborables no último ano previo á data da súa xubilación, que poderán acumularse ás vacacións anuais correspondentes.

Artigo 4.15.-Xubilación anticipada.

Os/as traballadores/as do concello, cun mínimo de 30 anos de servicio e sendo 15 deles no Concello de Narón, terán dereito a percibir unha prima por xubilación voluntaria anticipada nas condicións establecidas no Regulamento de subvencións, anticipos e primas.

A contía da prima establecerase consonte a seguinte escala:

Idade xubilaciónPrima xubilaciónLímite ptas.

60 anos ou menos14 mensualidades2.000.000

6114 mensualidades1.500.000

6214 mensualidades1.000.000

6314 mensualidades700.000

6414 mensualidades400.000

(As mensualidades refírense ás retribucións íntegras brutas)

Artigo 4.16.-Integración dos minusválidos.

1. Nas convocatorias para postos ou prazas de oferta de emprego publico do concello non se establecerán exclusións por eivas físicas ou psíquicas, salvo nos casos en que estas sexan incompatibles co normal desempeño das tarefas e funcións propias do posto de traballo obxecto da convocatoria.

2. O concello velará polo estricto cumprimento da Lei 13/1982, de integración social dos minusválidos e especificamente do artigo 5, números 1 e 2 do Real Decreto 152/1985 sobre a oferta de emprego público.

3. Nas probas selectivas establecerase para persoas minusválidas, que así o soliciten, adaptación de tempo e medios para a súa realización, de tal xeito que gocen de igualdade de oportunidades respecto dos demais participantes.

Artigo 4.17.-Celebración patronal.

1. O concello colaborará economicamente e materialmente na organización dos actos de celebración do día patronal de Santa Rita.

2. Nos servicios ou unidades administrativas en que sexa posible, estableceranse os servicios mínimos correspondentes cara a facilitar ó persoal a partici

pación nos actos organizados co gallo da realización do día da padroeira.

Artigo 4.19.-Aboamento permiso de conducción.

O concello aboaralles ós/as traballadores/as que non teñan o permiso de conducción, séndolles necesario por razóns do servicio que prestan, as prácticas regulamentarias e os demais custos de matrículas, etc. No suposto de non supera-las probas nas oportunidades establecidas e se houbese que reinicia-lo procedemento, este sería por conta do/a traballador/ora.

Como contrapartida o/a traballador/ora que obtivese deste xeito o permiso de conducción, non poderá negarse a traballos que impliquen a utilización del.

Artigo 4.20.-Seguro do permiso de conducción.

O concello garantirá cun seguro o permiso de conducción dos vehículos municipais, garantindo o permiso de conducción no suposto de ser retirado, e que supoña unha contrapartida económica, cando menos de 30.000 ptas./mes, sempre e cando se teña respectado o Código de Circulación. Nos supostos de dúbida resolverá a Comisión Mixta.

Artigo 4.21.-Multas por conducción de vehículos municipais.

As multas por infraccións cometidas polo conductor dun vehículo municipal, entenderanse por conta do devandito conductor, salvo que mediase unha orde superior que propiciase a devandita infracción.

Artigo 4.22.-Dereito e respecto á intimidade e dignidade dos/das traballadores/as.

Os/as traballadores/as teñen dereito ó respecto, intimidade e dignidade persoal, polos concelleiros/as e as xefaturas.

Reservaranse a un ámbito estrictamente profesional as aclaracións sobre o seu cometido laboral.

Capítulo V

Seguridade e saúde laboral

A) Dos dereitos e deberes.

Artigo 5.1.-Tódolos/as traballadores/as ó servicio do Concello de Narón teñen dereito á saúde laboral, á integridade física e a desfrutar dunhas medidas que garantan a debida protección en materia de seguridade e saúde laboral:

Artigo 5.2.-Os/as traballadores/as están obrigados a observar estrictamente tódalas medidas de seguridade e saúde laboral que se adopten con carácter xeral e específico en cada centro ou posto de traballo.

Artigo 5.3.-Seguirase ó disposto na Lei 31/1995, do 8 de novembro.

B) Do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Artigo 5.4.-Composición.

O Comité de S. e S.L. terá unha composición de interpretación e seguimento de membros designados pola corporación e polos representantes do persoal cun número minimo de 4 membros e un máximo de 8, que serán determinados pola Comisión de Seguimento e Interpretación do presente acordo regulador.

Artigo 5.5.-Funcionamento.

O Comité de S. e S.L. elaborará o seu propio regulamento de funcionamento.

As decisións adoptadas polo comité proporanse á autoridade ou órgano competente, que dictará as normas necesarias e velará polo estricto cumprimento delas. Tales decisións terán carácter de urxencia se se refiren de forma perentoria á prevención e conservación da saúde ou integridade física dos traballadores do Concello; neste suposto, a autoridade ou órgano competente dictará as normas precisas para que o cumprimento sexa puntual e inmediato.

Artigo 5.6.-Funcións.

Serán determinadas polo propio Comité de S. e S.L.

Capítulo VI

Dereitos e garantías sindicais

Artigo 6.1.-O dereito da participación dos traballadores.

Tódolos/as traballadores/as do Concello de Narón teñen dereito a sindicarse libremente en defensa e promoción dos intereses profesionais, económicos e sociais que lle son propios como traballadores.

No eido do subliñado no artigo anterior, os/as traballadores/as do concello poderán afiliarse libremente ás centrais sindicais de traballadores que estean constituídas legal ou validamente.

Artigo 6.2.-O concello dispensará a axeitada protección ós/as traballadores/as ó seu servicio contra todo acto antisindical que implique discriminación ou de mérito relacionado co seu emprego.

A dita protección exercerase especialmente contra todo tipo de accións ou actuacións que persigan.

a) Influír nas condicións de emprego do/a traballador/ora para que este/a se afilie ou non a unha central sindical, que deixe de ser membro dela, ou que renuncie á actividade sindical.

b) Fustigar ou relegar a calquera traballador/ora no seu lugar de traballo, ou prexudicarlle de calquera xeito a causa da súa pertenza a unha central sindical ou da súa participación nas actividades sindicais.

c) Condiciona-lo emprego público á esixencia de afiliación ou non a calquera central sindical, ou á esixencia de causar baixa nela.

Artigo 6.3.-Os/as empregados/as públicos do concello, dentro ou fóra do seu centro de traballo, teñen dereito a dedicarse á correspondente acción sindical, no tempo e forma establecidos na Lei 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, Lei 9/1987, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, e no disposto especificamente no presente acordo.

Artigo 6.4.-O dereito á participación colectiva.

Os/as traballadores/as a través das seccións sindicais e/ou os órganos de representación electos-dele

gados de persoal terán dereito a participar na fase preparatoria do proceso de formación da vontade administrativa orientada á adopción de calquera resolución en materia de persoal, condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo e réxime de asistencia, seguridade e previsión social, logo de comunicación ó seu xefe inmediato superior.

Artigo 6.5.-O dereito á representacion colectiva.

a) A representación colectiva dos/as traballadores/as ó servicio do Concello de Narón será exercida por parte do Comité de Persoal, constituído validamente logo das eleccións sindicais, e mais polas seccións sindicais acreditadas consonte o regulamentado no presente capítulo.

b) O Comité de Persoal é o órgano de representación específico do conxunto dos/as traballadores/as do Concello de Narón, sen prexuízo da representación que lles corresponda ós/as delegados/as e as seccións sindicais en relación cos seu afiliados/as.

A súa composición, estructura orgánica e funcionamento serán as que se determinan na lexislación ó respecto.

Artigo 6.6.-Os/as membros do Comité de Persoal ou delegados/as de persoal terán as seguintes garantías e facultades:

a) Audiencia do Comité de Persoal, no suposto de seguirse procedemento disciplinario a un/unha traballador/ora, sempre que exista petición expresa neste sentido por parte do/a inculpado/a.

b) Expresar individual ou colexiadamente con liberdade as súas opinións nas materias relativas á esfera da súa representación, podendo confeccionar, publicar e distribuír información de interese profesional, laboral ou social.

c) Para estes efectos, o concello facilitará ó Comité de Persoal idénticos medios que os subliñados para as seccións sindicais.

Artigo 6.7.-O Comité de Persoal terá capacidade xurídica propia para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo o ámbito das súas competencias, por decisión maioritaria dos seus membros.

Artigo 6.8.-O dereito de xuntanza dos/as traballadores/as.

a) O persoal do Concello de Narón poderá exerce-lo dereito de xuntanza cos requisitos e condicións sinalados neste capítulo.

b) Os/as traballadores/as membros dunha sección sindical poderán reunirse, sen prexuízo ningún das súas retribucións, durante a xornada de traballo, fixándose un tempo anual de 8 horas.

c) O persoal laboral poderá reunirse, sen prexuízo ningún das súas retribucións, durante a xornada de traballo, fixándose un tempo anual de 12 horas.

Artigo 6.9.-O dereito de negociación colectiva dos/as traballadores/as.

a) Os/as traballadores/as ó servicio do Concello de Narón terán dereito á participación na determinación das condicións de traballo conforme o disposto nos seguintes artigos deste capítulo

1. Co fin de posibilita-la participación dos/as traballadores/as na determinación das súas condicións de traballo, constituirase unha mesa de negociación na que estarán presentes os representantes da corporación, o Comité de Persoal ou delegados de persoal e as organizacións sindicais máis representativas, así como os sindicatos que teñan obtido o 10% ou máis dos representantes nas eleccións celebradas.

2. Esta mesa negociará a proposta do convenio colectivo das condicións de emprego dos/as traballadores/as ó servicio do Concello de Narón.

3. As xuntanzas da mesa de negociación do Concello terán lugar cantas veces sexa preciso, a petición de calquera das partes.

4. A orde do día das xuntanzas será determinado conxuntamente, podendo incluír calquera das partes cantos asuntos consideren oportunos. As partes serán notificadas formalmente da celebración das xuntanzas cunha antelación mínima de 48 horas, poñendo simultaneamente á súa disposición toda a documentación relativa ós asuntos incluídos na orde do día, para os efectos do seu coñecemento e estudio previo.

Calquera das partes poderá deixar sobre a mesa os asuntos que, ó seu entender, requiran dun máis detido exame ou emisión de informe, ou cando considere que faltan datos ou antecedentes de importancia para fundamenta-la adopción de acordos e resolucións.

Artigo 6.10.-Serán obxecto de negociación no ámbito da Mesa de Negociación do Concello de Narón.

a) O incremento de retribucións dos/as traballadores/as nos orzamentos ordinarios do Concello de Narón.

b) A determinación e aplicación das retribucións.

c) A preparación e deseños dos plans de oferta de empresas públicas.

d) A clasificación de postos de traballo.

e) As determinacións dos programas e fondos para a acción de promoción interna, formación e perfeccionamento.

f) Os sistemas de ingreso, provisión e promoción dos/as traballadores/as municipais.

g) As propostas sobre dereitos sindicais e da participación.

h) Medidas sobre seguridade e saúde laboral.

i) As materias de índole económica, de prestación de servicio sindical, asistencia e, en xeral cantas outras afecten as condicións de traballo e ó ambito de relacións laborais dos/as traballadores/as e representantes sindicais co Concello de Narón.

Artigo 6.11.-O Comité de Persoal terá dereito a participar con voz e sen voto, nas xuntanzas da Comisión Municipal de Persoal, consecuentemente debera ser notificada formalmente das convocatorias da devandita comisión e das actas correspondentes.

Artigo 6.12.-Consonte o establecido na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos/as representantes dos/as traballadores/as en materia de contratación, o concello entregará os órganos de representacion sindical unha copia básica de tódolos contratos de relación laboral que realice no seu ámbito institucional.

Artigo 6.13.-Están lexitimados para convocar xuntanzas do conxunto ou de parte do persoal do concello:

-O Comité de Persoal.

-As organizacións sindicais directamente ou a través dos delegados sindicais.

-Os delegados de persoal

-Calquera grupo de traballadores/as do concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40% do colectivo convocado.

Capítulo VII

Selección do persoal, provisión de postos de traballo e fomento da promoción e formación

A) A selección do persoal.

Artigo 7.1.-O ingreso do persoal ó servicio do Concello de Narón realizarase respectando os principios e os procedementos establecidos na Lei 30/1984, de medidas para a reforma da función pública; Lei 3/1996, da funcion pública de Galicia, Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local; R.D.L. 781/1986, Real decreto 2223/1984 polo que se aproba o Regulamento xeral do ingreso do persoal ó servicio da Administración do Estado, e demais disposicións posteriores que regulen o acceso á funcion pública.

Artigo 7.2.

1. As vacantes que se produzan ou a creación de novos postos de traballo asignados a persoal laboral indefinido, consonte a relación de postos de traballo, só poderán ser cubertas transitoriamente por persoal laboral temporal, mentres non se proceda a provisión da praza en custión, logo da súa inclusión na oferta pública de emprego inmediata.

2. Os/as traballadores/as en contratación laboral temporal deberán, en todo caso, reuni-los requisitos xerais de titulación e demais condicións esixidas para os correspondentes corpos ou escalas como persoal laboral indefinido, sen que o desempeño do posto de traballo en réxime de temporalidade poida supor mérito ningún nas probas definitivas de provisión de praza en propiedade.

Artigo 7.3.-O Comité de Persoal do concello participará nos tribunais de selección con voz e sen voto, polo que nomeará un representante no tribunal de cada convocatoria.

B) A provisión dos postos de traballo.

Artigo 7.4.

1. Os/as traballadores/as do Concello de Narón teñen dereito ó cambio do seu posto de traballo, unha vez que se teñan producida vacantes en postos de traballo de igual ou superior nivel e, en todo caso, garantirase a mobilidade funcional, conforme ó artigo 39, capítulo III do Estatuto dos traballadores.

2. Os principios e procedementos para proceder á provisión de postos de traballo vacantes, axustaranse ó establecido no R.D. 28/1990, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento xeral de provisión de postos de traballo e promoción profesional.

Artigo 7.5.-As bases de cada convocatoria de provisón de postos de traballo, deberán ser negociadas co Comité de Persoal, que designará ademais un representante dos/as traballadores/as nas respectivas comisións de valoración.

Artigo 7.6.-Os/as traballadores/as teñen dereito á renuncia do seu posto de traballo, pasando a ocupar outro de inferior nivel dentro do seu mesmo corpo, grupo e escala, sempre que exista vacante no cadro de persoal.

C) O fomento da formación do persoal.

Artigo 7.7.-Os/as traballadores/as municipais que cursen estudios de perfeccionamento profesional terán preferencia para elixir quenda de traballo, se é o caso, e de vacacións anuais así como adaptación da xornada de traballo para asistencia ás clases ou cursos.

Capítulo VIII

Os dereitos lingüísticos dos/as traballadores/as

Artigo 8.1.-Os/as traballadores/as que precisen de cursos de formación lingüística terán dereito a prioridade absoluta a acudir ós cursos que para tal fin se establezan, respectando as necesidades do servicio, con gratuidade total e liberación do tempo destinado a eles, mesmo dentro das horas laborais.

Artigo 8.2.-O dereito á aprendizaxe do galego exercerase no marco da responsabilidade, asistencia e aproveitamento adecuados.

Capítulo IX

Réxime disciplinario

Artigo 9.1.-Transitoriamente e mentres non sexa aprobado un Regulamento de réxime disciplinario específico para os/as traballadores/as da Administración local ou da Administración autónoma, rexerá no Concello de Narón o Regulamento da Xunta de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo.

Artigo 9.2.-A corporación municipal comprométese a esgota-la vía do diálogo e da información reservada previa á iniciación do expediente disciplinario a calquera traballador/ora do Concello de Narón.

Artigo 9.3.-O Comité de Persoal ou os delegados de persoal e as seccións sindicais correspondentes serán oídas nos expedientes disciplinarios que se

incoen contra traballadores do concello, tanto na fase de instrucción como na de resolución del, sempre que exista petición expresa neste sentido pola parte do/a inculpado/a.

Neste eido, o Comité de Persoal deberá ser notificada da iniciación, tramitación e resolución de tódolos expedientes disciplinarios que se incoen. Así mesmo, terá dereito a ser oída en comparecencia directa polo xuíz intructor e pola autoridade ou órgano competente en materia sancionadora logo de adopción da resolución.

Artigo 9.4.-En todo caso, en calquera das fases do procedemento gardarase total discreción en canto á identidade do/a traballador/ora en cuestión e dos feitos que se lle imputan.

Artigo 9.5.-Sempre que se inicie expediente disciplinario deberá porse fin ó procedemento coa correspondente resolución por parte do órgano competente. A resolución terá que ser motivada e nela non se poderán aceptar feitos distintos dos que serviron de base ó prego de cargos e á proposta de resolución, sen prexuízo dunha distinta valoración xurídica.

Capítulo X

Retribucións

A) Normas comúns.

Artigo 10.1.-Os empregados públicos do Concello de Narón só seran remunerados segundo os conceptos e contías que se deter¡minan no presente acordo, sen prexuízo das modificacións que se poidan producir por mor da aprobación polo Pleno da Corporación da clasificación de postos de traballo.

Artigo 10.2.-A ordenación de pagamento de gastos de persoal terá preferencia sobre calquera outro que deba realizarse con cargo ó orzamento ordinario do concello.

B) Conceptos retributivos.

Artigo 10.3.-As retribucións que poden percibi-los/as traballadores/as do Concello de Narón, a súa aplicación e conceptos retributivos determínanse consonte o establecido na Lei 30/1984 e R.D. 861/1986.

C) Incremento das retribucións para o ano 1999.

Artigo 10.4.-Con efectos do 1 de xaneiro, a masa salarial do persoal laboral ó servicio do Concello de Narón experimentará o incremento que vén regulado pola Resolución do 4 de xaneiro de 1999, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se dictan instruccións en relación coa confección de nóminas para o ano 1999.

Artigo 10.5.-Traballo en período nocturno.

De acordo co estipulado no anexo

Artigo 10.6.-Traballo en período festivo.

De acordo co estipulado no anexo

Artigo 10.7.-Complemento por traballo a quenda.

Os traballadores do concello que pola natureza da súa actividade realicen a prestación de servicios en réxime de quenda, consonte co establecido no artigoigo

2.5, percibirán unha gratificación por distorsión horaria. A súa contía para o ano 1999 sera establecida con cáracter único e xeral no anexo do presente acordo.

A súa contía e a que se sinala para cada posto de traballo no anexo do presente acordo.

Artigo 10.8.-Gratificacións:

Retribuirase por este concepto:

a) Axudas de custo.-Entenderase por axuda de custo a cantidade diariamente devengada para satisface-los gastos orixinados pola estadía e mantemento fóra da residencia habitual, por razóns de servicio.

b) Gastos de desprazamento.-Terán a consideración de gastos de desprazamento as cantidades que lle hai que aboar ó persoal do concello polos gastos ocasionados pola utilización de calquera medio de transporte por razón do servicio encomendado. Este concepto equivale a viaxar por conta do concello utilizando o medio de transporte que se determine, as contias de indemnizacións por razóns de servicios axustaranse ó establecido no R. D. 236/1988, do 4 de marzo, e á resolución actualizadora do 22 de marzo do ano 1993.

Artigo 10.9.-Indemnización especial.

1. Defínese como indemnización especial a compensación que se lle outorga ó empregado polos danos, prexuízos ou gastos extraordinarios que se produzan por razón ou como consecuencia dos servicios encomendados.

2. Excepcionalmente, o concello poderá aboar unha indemnización especial polos danos, prexuízos ou gastos extraordinarios que se deriven de sinistro ou catástrofe que afecte os traballadores laborais do concello, individual ou colectivamente.

A avaliación exacta da contía devengada por este concepto corresponderá á Comisión de Goberno, logo de examinar previamente tanto o dictame pericial oportuno como o informe do correspondente órgano de representación.

Cláusulas adicionais

Primeira.-A contía da masa salarial establecida no presente acordo deberá incrementarse para o ano 1999 na porcentaxe que estableza con carácter xeral á Lei de orzamentos xerais do Estado para tódolos traballadores das administracións públicas, sen prexuízo dos incrementos que resulten da ampliación do cadro de persoal ou da aplicación da clasificación de postos de traballo.

Segunda.-Os atrasos correspondentes á revisión salarial calcularanse sobre a suma de tódolos conceptos retributivos percibidos durante o exercicio correspondente e faranse efectivos na nómina do mes de xaneiro do ano seguinte.

A revisión salarial será consolidable para tódolos efectos.

A aplicación deste incremento axustarase á normativa vixente.

Terceira.-Asignarase ó departamento de persoal a función específica da tramitación e xestión dos acordos recollidos no presente texto, particularmente os relativos a melloras sociais, permisos e licencias.

ANEXO I

Horarios de traballo

Persoal de administración:

Inverno: (do 1 de outubro ó 31 de maio).

De luns a venres: entrada 7.30 h - Saída 14.30 h.

Sábados: de 9 a 13 (quenda).

Verán: (do 1 de xuño ó 30 de setembro).

De luns a venres: entrada 7.30 h - Saída 14 h.

Sábados: de 9 a 13 h (quenda).

Permítese unha cortesía de 10 minutos no horario de entrada, recuperables.

ANEXO II

Calendario laboral para o ano 1999

1 de xaneiro: Aninovo.

6 de xaneiro: Epifanía do Señor.

16 de febreiro: Martes de Entroido.

19 de marzo: S. Xosé.

1 de abril: Xoves Santo.

2 de abril: Venres Santo.

1 de maio: Festa do Traballo.

17 de maio: Día das Letras Galegas.

12 de outubro: Festa Nacional de España.

1 de novembro: Tódolos Santos.

23 de novembro: Día de Narón.

6 de decembro: Día da Constitución.

8 de decembro: Inmaculada Concepción.

24 de decembro: Noiteboa.

25 de decembro: Natividade do Señor.

31 de decembro: Ano Vello.

Pontes a librar no ano 1999:

As pontes que se poderán disfrutar serán 2 por ano, a cambio dun día dos permitidos por asuntos propios, polo tanto os días de asuntos propios quedan reducidos a 2 durante o ano 1999.

ANEXO III

Retribucións

Táboa do importe das becas extraordinarias.

GrupoConceptoPesetas

1Extra diúrna3.055
Extra nocturna3.705
Extra festiva4.289
2Extra diúrna2.470
Extra nocturna2.925

Extra festiva3.445

GrupoConceptoPesetas

3Extra diúrna1.950
Extra nocturna2.340
Extra festiva2.730
4Extra diúrna1.820
Extra nocturna2.080
Extra festiva2.470

Cando a hora extraordinaria que se deba facer sexa nun sábado despois das 15 horas calcularase como unha festiva.

A partir da realización de 4 horas festivas na mesma xornada, cobrarase o festivo como tal.

A cantidade que hai que percibir por xornada extraordinaria ou festiva será a seguinte:

Grupo B: 13.000 ptas.

Grupo C: 12.000 ptas.

Grupo D: 11.000 ptas.

Grupo E: 10.000 ptas.

Os días de libranza consideraranse como festivos.

A partir de realiza-la hora extra nº 6, en vez de aboárselle-lo total do día como figura anteriormente, aboaráselle como horas extraordinarias.

ANEXO IV

Catalogación e funcionarización.

1. O Concello de Narón ten entre os seus obxectivos reordena-las distintas áreas de funcionamento do persoal laboral cun criterio final tendente a consegui-la funcionarización para todo o persoal laboral.

2. Para chegar a este obxectivo, cómpre previamente fixar criterios de homologación, tanto na estructura dos distintos postos de traballo como nos aspectos económicos.

Este proceso realizarase durante os 2 anos de vixencia deste convenio, período abranguido entre o 1 de xaneiro do 1999 e o 31 de decembro do ano 2000, no que se realizará a equiparación retributiva anual entre o persoal laboral fixo e o funcionario do concello, segundo a equivalencia de grupo, categorías e características especiais que para cada posto de traballo se establece en relación cos postos de traballo de persoal laboral fixo aprobado polo pleno.

2. Durante o período de vixencia do presente convenio, realizarase o proceso de funcionarización derivadas das disposicións establecidas no artigo 15 da Lei 30/1984, e sempre respectando as condicións e requisitos esixidos para o ingreso no correspondente corpo, escala e praza, e garantíndose o nivel retributivo alcanzado polo persoal que se vai funcionarizar mediante o oportuno complemento persoal transitorio, se é o caso.

3. Os criterios que hai que seguir no proceso de funcionarización para as prazas sinaladas no anexo VI, axústanse ós seguintes criterios:

a) As probas selectivas convocaranse nos corpos ou escalas ás que a relación de postos de traballo adscriba os postos servidos por persoal laboral.

b) As probas selectivas convocaranse por quenda específica, separada da convocatoria de prazas de novo ingreso mediante oferta de emprego público.

c) Os aspirantes deberán posuí-la titulación e demais requisitos que resulten esixibles, na data de finalización do prazo de presentación de instancias.

d) O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

e) As probas serán, en principio de contido análogo ás de quenda libre, se ben se suprimirán aqueles exercicios que se correspondan con coñecementos xa acreditados nas probas superadas para acceder á condición laboral.

f) Na fase de concurso que non terá carácter eliminatorio valoraranse ata un 45% da puntuación máxima a obter no concurso-oposición os servicios efectivos prestados na condición de laboral e as probas selectivas superadas para acceder a tal condición.

g) Os puntos acadados na fase de concurso non se poderán aplicar para supera-la fase de oposición que terá carácter eliminatorio; a puntuación final do concurso-oposición estará determinada pola suma das puntuacións acadadas en cada unha das dúas fases.

h) Procurarase facilitarlles ós candidatos a formación necesaria para presentarse ás probas en condicións idóneas.

No proceso de funcionarización que poida establecerse para outras prazas ó abeiro do que se estableza no Estatuto da función pública serán de aplicación criterios semellantes ós que agora se determinan.

ANEXO V

Unha vez aprobado este acordo o concello comprométese a levar a cabo, no prazo de tempo máis breve posible e sempre respectando os prazos sinalados no anexo IV do presente convenio, a funcionarización do persoal laboral indefinido.

ANEXO VI

Categorías laboraisPrazas

Arquitecto técnico municipal1

Administrador xerente de deportes1

Técnico historia arqueoloxía e arquivo1

Traballadora social3

Encargado biblioteca1

Animador sociocultural1

Auxiliar administrativo7

Categorías laboraisPrazas

Chofer2

Conserxe4

Peón S.E.1

Operario protección civil1

Peón6

A estructura salarial do persoal laboral indefinido ó servicio do Concello de Narón será similar á estructura económica do persoal funcionario.

Ademais das retribucións sinaladas, o persoal laboral fixo terá dereito á percepción de trienios por antigüidade, computándose estes trienios na cantidade que consta na vixente normativa laboral ou na que poida establecerse no sucesivo para os grupos establecidos.

As retribucións en melloras de convenio, tanto sociais como de calquera outra índole, correspondentes a estes grupos profesionais, actualizaranse sempre que se faga para o persoal funcionario do concello e cos mesmos criterios.

Narón, 22 de febreiro de 1999.