Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 08 de setembro de 1999 Páx. 11.051

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999 pola que se fai pública a designación das comisións que han de resolve-los concursos para a provisión das prazas números 99/001 e 99/004 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º de Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocais secretarios por esta universidade e realiza-los oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han de resolve-los concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 99/001 e 99/004 convocados por Resolución do 8 de febreiro de 1999 (BOE do 13 de marzo), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partires do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 9 de agosto de 1999.

P.D. (Resolución 6-8-1999)

Manuel González Sarceda

Vicerrector de Estudiantes da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: bioquimica e bioloxía molecular.

Praza nº: 99/001.

Comisión titular:

Presidenta: Cerdán Villanueva, María Esperanza, catedrática de universidade. Universidade da Coruña.

Secretaria: Rodríguez Torres, Ana María, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Cano García, Natalia, Josefa, catedrática de universidade. Universidade de Sevilla.

Rodríguez Vico, Felipe, profesor titular de universidade. Universidade de Almería.

Camacho Carrasco, Mónica Lourdes, profesora titular de universidade. Universidade de Alacante.

Comisión suplente:

Presidenta: López Moratalla, Natalia, catedrática de universidade. Universidade de Navarra.

Secretaria: Campo Guinea, María Luisa, profesora titular de universidade. Universidade de Estremadura.

Vocais:

Macarulla Creoles, José María, catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Peinado Herreros, José María, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.

Madariaga de las Heras, M. África, profesora titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito financeiro e tributario.

Praza nº: 99/004.

Comisión titular:

Presidente: Rodríguez Bereijo, Álvaro, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: Ruíz García, José Ramón, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Casado Ollero, Gabriel, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Ramírez Gómez, Salvador, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

Casana Merino, Fernando, profesor titular de universidade. Universidade de Córdoba.

Comisión suplente:

Presidente: Ramallo Massanet, Juan, catedrático de universidade. Universidade Autónoma de Madrid.

Secretario: Caamaño Anido, Miguel Ángel, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Herrero Madariaga, Juan, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Navarro Faure, Amparo, profesora titular de universidade. Universidade de Alacante.

Martínez García-Monco, Alfonso C., profesor titular de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.