Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de agosto 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado liña de alta tensión a 220 kV desde o parque eólico Serra do Cando á subestación de Albarellos, nos municipios de Boborás, Beariz, Leiro e Forcarei, a favor da empresa Gamesa Energía, S.A., que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, e que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, por resolución da Dirección Xeral de Industria do 8-7-1999 (artigo 54.1º, da Lei 54/1997, do sector eléctrico). (Expediente 98/208-4).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día e a partir da hora que se relaciona ó pé, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios

situados no termo municipal de Forcarei, sinalado co número que se detalla a continuación.

Os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia, informandos que nos ditos actos poderán ir acompañados polos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios da casa do Concello e no desta delegación.

Predio: 458.

Día: 15-9-1999.

Hora: 11 h.

Predio: 474.

Día: 15-9-1999.

Hora: 11 h.

Vigo, 26 de agosto de 1999.

P.D.

Eugenio Fernández Piñeiro

Xefe do Servicio de Xestión

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: L.A.T., 220 kV, tramo aéreo Albarellos-Cando. Provincias: Pontevedra-Ourense. Concello: Forcarei.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

LugarCultivoNome e apelidosDomicilioSuperficie

ocupada

m

Lonxitude

m

Superficie

afectada

m

458Os BorralleirosM.baixoDescoñecido5,4162,2

474Os BorralleirosM.baixoDescoñecido10,5168,4