Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.014

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión derivada do permiso de investigación Picaraña, 2461.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria do 1 de outubro de 1998, se outorgou a concesión derivada do permiso de investigación Picaraña número 2461, de 4 cuadrículas minerias para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal de Ponteareas, da provincia de Pontevedra.

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 13 de agosto de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra