Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.015

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1999 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, do servicio de xestión e tratamento de efluentes líquidos e residuos sólidos de laboratorio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxeto: servicio de xestión e tratamento sanitario de efluentes líquidos e residuos sólidos de laboratorio.

b) División por lotes e número: 1 lote.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: ata o trinta e un de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento dez millóns de pesetas (110.000.000).

Seiscentos sesenta e un mil cento trece euros (661.113).

5. Garantías.

Provisional: 2% do lote.

Definitiva: 4% do lote.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Producción Agropecuaria (Subdirección de Sanidade e Producción Animal-Servicio de Sanidade Animal) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 57 77.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás os sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: (http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm).

7. Clasificación esixida.

Categoría C, grupo 3 (servicios), subgrupo 6 ou 8.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 22 de outubro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 2 de novembro de 1999.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 1999.

(Orde do 15-12-1997)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria