Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 2287 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Canteras Villamartín, S.L.

Domicilio social: Avda. Estación, 12-Enlo.-A (O Barco de Valdeorras).

Denominación: traaslado e cambio de transformador.

Situación: San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras).

Características técnicas: instalación dun novo C.T. de 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V e cambio da súa situación do apoio nº 4 ó apoio nº 2 da liña.

Os 130 metros de L.M.T. entre os apoios 2 e 4 desmontaranse e o apoio nº 2 pasará a se-lo final da liña, apoio no que se situarán os pararraios autoválvulas 24 kV/10 kA e os curtocircuítos fusibles de expusión-seccionador tipo XS, 24 kV/50 A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de agosto de 1999.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense