Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/59-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Covelo.

Situación: Viana do Bolo.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 1.241 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe en apoio metálico nº 47 da L.M.T. «Vao-Viana do Bolo e remate no C.T. existente de mesón San Bernabé».

L.M.T. aérea a 20 kV de 120 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe no apoio nº 4 da L.M.T. proxectada a C.T. mesón San Bernabé e remate no C.T. proxectado de Covelo con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. R.B.T. aérea do C.T. Covelo de 665 metros en conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de agosto de 1999.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense