Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.013

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/58-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Miguel Fernández Justo.

Domicilio social: San Blas, 36, 32357 Cualedro.

Denominación: L.M.T. e C.T. para granxa avícola.

Situación: Ventoso (Cualedro).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 733 metros de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. «Xinzo-Verín» e remate no C.T. tipo intemperie con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V ó lado da granxa avícola da súa propiedade en Ventoso (Cualedro).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de agosto de 1999.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense