Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/57-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Concello de San Xoán de Río.

Domicilio social: Praza da Constitución, 32770 San Xoán de Río.

Denominación: L.M.T. e C.T. para edificio de turismo rural.

Situación: San Xoán de Río.

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 480 metros de lonxitude en conductor LA-30, con orixe en apoio de formigón nº 35 da L.M.T. de Unión Fenosa, S.A. «Regueira-Trives» e remate no C.T. en caseta con 75 kVA no lugar do Senreiro na poboación de Xunquedo (San Xoán de Río).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de agosto de 1999.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense