Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/56-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: (Sergas) centro de saúde de Verín.

Domicilio social: Juan Guerra Valdés s/n, 32600 Verín.

Denominación: C.T. de 400 kVA para centro de saúde.

Situación: Verín.

Características técnicas: C.T. tipo interior de 400 kVA situado en edificio destinado a outros usos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de agosto de 1999.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense