Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 07 de setembro de 1999 Páx. 11.012

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/55-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Canteras Reventón, S.L.

Domicilio social: estrada de Montes a San martiño, s/n, 32689 Cualedro.

Denominación: L.M.T. aérea e C.T. de 160 kVA.

Situación: Ctra. de Montes a San Martiño (Cualedro).

Características técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 25 metros de lonxitude en conductor tipo LA-56, con orixe no apoio nº 14 da L.M.T. de Unión Fenosa, S.A: «Verín 810» e remate no C.T. compacto prefabricado interior de 160 kVA/24/20-B2, sito na parcela propiedade do peticionario na estrada de Montes a San Martiño (Cualedro).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de agosto de 1999.

P.S.L.

Gabriel Diéguez Domínguez

Secretario provincial de Ourense