Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO de poxa (261/1991).

O xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira fai saber: que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 261/1991, se segue procedemento de divorcio, por instancia de José Pérez Maceiras, contra Josefa Romero Davila, representada polo procurador Novoa Núñez, en reclamación de cantidade, e nos autos acordouse sacar á venda en primeira poxa pública, por termo de vinte días e prezo do seu valor, os seguintes bens embargados a José Pérez Maceiras:

Dereitos que ten José Pérez Maceiras na sociedade de gananciais que constitúe coa súa muller Josefa Romero Davila, respecto do predio: vivenda unifamiliar independente composta por planta baixa máis sobrado máis baixo cuberta máis soto aberto construído baixo-rasante. Situado no concello da Pobra do Caramiñal, parroquia de Postmarcos, lugar de Conchido, s/n.

A vivenda dispón dun patio fronte á fachada delimitado lateralmente por uns muretes de 80 cm de h a base de bloques de formigón, formando un espacio chan de 7,50 por 9,10 igual 68,25 metros cadrados de superficie. Serve de zona de aparcamento de vehículos.

A planta baixa consta de: entrando pola porta principal aparece a escaleira de acceso á planta alta con dous tramos de desenvolvemento. Do corredor distribuidor quedan: cuartos máis baño orientados a fachada e cociña máis cuarto orientados a contrafachada. O sobrado consta de: catro cuartos situados simetricamente e un rocho ó fondo do corredor desde onde arrinca a escaleira que dá acceso ó faiado. Este ocupa a totalidade da planta baixo-cuberta e non está preparado para ser habitable por carecer de ocos necesarios.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Barbanza, esquina Mariño de Rivei

ra, o vindeiro día 30 de setembro ás doce horas, conforme as seguintes condicións:

1º O tipo de remate será de 6.867.618, metade do seu valor, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2º Para tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na mesa do xulgado ou establecemento que se destine para o efecto o vinte por cento do tipo de remate, podendo o acredor tomar parte en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

3º Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata que teña lugar, depositándoo na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4º Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5º Faise constar que o dito predio non consta inscrito no Rexistro da Propiedade.

6º As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

7º Para o suposto de resultar deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 27 de outubro, ás doce horas, nas mesmas condicións que a primeira, agás o tipo de remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, terá lugar unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 25 de novembro, ás doce horas, para a que rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular José Pérez Maceiras se non puidese ser notificado persoalmente, expídese este edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

Dado en Ribeira o dous de xullo de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado