Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.959

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (42/1997).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado de Social número dous de Santiago de Com

postela, fai saber que nos autos de execución número 42/1997, seguidos neste xulgado por instancia de José M. Puente Núñez, contra a empresa Padrón Auto, SL, sobre despedimento, por resolución desta data acordouse sacar a pública poxa e polo prazo de vinte días os bens embargados á executada, que despois se dirán, e sinalar para a realización da primeira poxa o día 28 de setembro deste ano; no caso de quedar esta deserta, sinálase para a segunda poxa e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 4 de novembro, e de resultar esta igualmente deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán licitacións que non superen o 25% respecto á primeira, o día 25 de novembro do mesmo ano, todas elas ás doce horas na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n do Polígono das Fontiñas desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidesen realizar calquera das poxas nos días e horas sinalados, realizaranse o día seguinte hábil, á mesma hora,

exceptuando os sábados, e rexerase polas seguintes condicións:

a) Para tomaren parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens, que sirva de tipo para ela.

b) Non se admitirán licitacións que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderán facerse licitacións por escrito en prego pechado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a alínea a), xunto co xustificante dela, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado aberta na O.P. do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na r/ A Senra número 3-5, conta número 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación realizada a prol dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non se puidese realizar calquera das poxas nos días e horas sinalados, realizaranse o día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto de poxa:

Vehículo marca Mitsubishi Montero Pajero C-7186-BN, valorado pericialmente en cincocentas cincuenta mil pesetas (550.000 ptas.).

Vehículo marca BMW modelo 520 I, PO-7329-AM, valorado pericialmente en catrocentas setenta e cinco mil pesetas (475.000 ptas.).

Vehículo marca Ford, modelo Fiesta 1.1., matrícula M-7831-GU, valorado pericialmente en cento vintecinco mil pesetas (125.000 ptas.).

Vehículo marca Peugeot 205 D (Alemaña), valorado pericialmente en trescentas cincuenta mil pesetas (350.000 ptas.).

Vehículo marca Peugeot 309 D (Alemaña), valorado pericialmente en catrocentas mil pesetas (400.000 ptas.)

Vehículo marca Toyota, modelo Celica (Alemaña), valorado pericialmente en seiscentas cincuenta mil pesetas (650.000 ptas.).

Valor toral da taxación: dous millóns cincocentas cincuenta mil pesetas (2.550.000 ptas.).

Os referidos bens están depositados no domicilio da empresa executada, Padrón Auto, S.L., sito na avenida da Ponte, nº 63, sendo depositario deles Carlos Pardal Castro.

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o dezaseis de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado