Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

CÉDULA de notificación (6480/1997).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifica: que no recurso contencioso-administrativo nº 6480/1997, seguido por instancia de Rosa Mª Nagles Ortiz, contra acordo do Goberno Civil da Coruña do 16-7-1997, sobre denegación de exención de visado de residencia, dictouse auto con data do 23-7-1999, cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«A Coruña, vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove. Este recurso contencioso-administrativo, rexistrado co nº 02/0006480/1997, interposto por Rosa Mª Nagles Ortiz, contra resolución da Delegación do Goberno en Galicia do 16-7-1997, denegatoria da solicitude de exención de visado para a obtención do sobre permiso de traballo e a autorización de residencia en España, con advertencia de abandona-lo país, que a dita recorrente foi emprazada en legal forma para comparecer no recurso, no modo e forma que determina o artigo 33 da Lei xurisdiccional, conferíndolle a súa representación a un procurador asistido de avogado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto. Con apercibimento de que, se así non o verifica dentro do termo de nove días, procederíase sen máis trámite ó arquivo das actuacións.

A sala acorda o arquivo deste recurso contencioso-administrativo nº 2/0006480/1997, interposto por Rosa Mª Nagles Ortiz, contra resolución da Delegación do Goberno en Galicia do 16-7-1997, denegatoria da solicitude de exención de visado para a obtención do permiso de traballo e a autorización

de residencia en España, con advertencia de abandona-lo país.

Notifíqueselle que esta resolución non é firme por ser susceptible do recurso de súplica no prazo de cinco días».

E para que conste e lle sirva de notificación á recorrente e a súa publicación no DOG, expido, e asino esta cédula na Coruña o vintetrés de xullo de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria

Rubricado