A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situadas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de marzo de 1999 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, recibida a proposta da FNTCM-UGT Galicia, como organización na que recaen as competencias nesta materia, como organización sindical máis representantiva trala realización de eleccións sindicais na Autoridade Portuaria da Coruña,
DISPOÑO:
Nomear a Santiago Lamas Piñón vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coru
ña, en representación da organización sindical máis representativa (FNTCM-UGT Galicia).
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1999.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial,
Obras Públicas e Vivenda