Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 06 de setembro de 1999 Páx. 10.932

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de agosto de 1999 pola que se dispón o nomeamento do vocal en representación da organización sindical máis representativa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado, situadas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de marzo de 1999 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Consonte o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, segundo a súa redacción trala modificación operada pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, recibida a proposta da FNTCM-UGT Galicia, como organización na que recaen as competencias nesta materia, como organización sindical máis representantiva na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa,

DISPOÑO:

Nomear a José L. Ces Laíño vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da organización sindical máis representativa (FNTCM-UGT Galicia).

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda