Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.908

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1999 pola que se convoca un curso de estatística para a formación do persoal das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do Decreto 358/1998, do 27 de novembro, polo que se aproba o Programa Estatístico Anual e, en execución da operación estatística denominada A Formación en Procedementos Estatísticos, subscribiuse o 24 de abril de 1998 un convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Estatística e a Escola Galega de Administración Pública, para a xestión do programa de formación en materia estatística, polo que se convoca o presente curso, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Denominación.

Curso de técnicas de mostraxe para a auditoría e as actividades de control.

Segunda.-Obxectivos.

Proporcionarlle formación ó persoal de calquera das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia vinculado a tarefas estatísticas no desempeño do seu posto de traballo, co fin de perfecciona-los seus coñecementos respecto a temas relacionados co título do curso.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal de calquera das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, que no desempeño do seu posto de traballo realicen funcións relacionadas coa estatística.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación, que como modelos oficiais se recollen nos anexos I e II desta resolución, e cubrilos en tódolos epígrafes. Para a descrición das tarefas do posto de traballo que teñan especial relación co obxecto do curso, poderán, de ser preciso, xuntar unha folla adicional.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no Rexistro da Escola Galega de Administración Pública, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou nas dependencias que se sinalan no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes rematará o 28 de setembro de 1999.

Quinta.-Selección.

As solicitudes serán seleccionadas segundo os seguintes criterios:

Contido estatístico das tarefas desempeñadas no seu posto de traballo. Grao de coñecemento en mate

ria estatística. Desempeño de traballos relacionados con rexistros administrativos. En calquera caso, os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Desenvolvemento.

Duración: 64 horas.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela.

Datas: 18, 19, 20, 21, 25, 26, 27 e 28 de outubro (1ª parte) e 15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 e 25 de novembro (2ª parte).

Horario: Tardes de 16.30 a 20.30 horas.

Prazas: máximo de 30.

Sétima.-Modificacións.

Os órganos convocantes reservan a facultade de interpretar e resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso así como a de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Oitava.-Certificados de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso. Calquera inasistencia deberá ser xustificada.

A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada de máis do 15% das horas lectivas programadas imposibilitará a expedición do certificado e ocasionará a baixa no curso con perda de tódolos dereitos.

Novena.-Contido.

-Primeira parte. Preliminares e técnicas básicas: 1. Descrición e resumo de datos. 2. Fundamentos de cálculo de probabilidades. 3. A mostraxe estatística ou probabilística. Conceptos xerais. 4. Mostraxe aleatoria simple. 5. Mostraxe sistemática.

-Segunda parte. Técnicas avanzadas: 6. Métodos indirectos de estimación. 7. Mostraxe aleatoria estratificada. 8. Mostraxe con probabilidades desiguais e substitución. 9. Mostraxe de conglomerados. 10. Control de calidade por lotes para aceptación ou rexeitamento. 11. Mostraxe de unidades monetarias.

O curso inclúe clases de tipo práctico para ilustra-lo contido do programa.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública

ANEXO II

D secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na consellería/Delegación Provincial de

CERTIFICO:

Que Don/a,

no desempeño do seu posto de traballo de

realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso

..., ... de... de 1999.

Asdo.:...