Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 03 de setembro de 1999 Páx. 10.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 1999, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Aquagest, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito autonómico da empresa Aquagest, S.A., (código de convenio nº 8200292), que se suscribiu coa data do 4 de xuño de 1999, entre a representación da empresa e dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 1999.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborais

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

As normas presentes rexerán na empresa Aquagest, S.A. e en todo o non expresamente previsto nelas aplicarase o laudo arbitral polo que se establecen as condicións de traballo para as industrias de captación, elevación, conducción, tratamento, depuración e distribución de auga, do 30 de xuño de 1998 (BOE do 26 de setembro), e demais normas reguladoras do dereito de traballo.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Por este convenio rexerase todo o persoal ó servicio da empresa que estea suxeito ás normas laborais vixentes.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As disposicións contidas neste convenio rexerán en tódolos centros de traballo que manteña abertos a empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o día da súa publicación, unha vez homologado pola autoridade labo

ral. Producirá efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1999 e terá unha duración dun ano, que se contará desde a devandita data. Rematará a súa aplicación o 31 de decembro do 2001. O devandito convenio será tacitamente prorrogado de ano en ano, mentres calquera das partes non lle manifeste á outra, con antelación mínima dun mes á data de extinción ou de calquera das súas prórrogas, a súa vontade de dalo por rematado.

Capítulo II

Organización do traballo e formación profesional

Artigo 5º.-Norma xeral.

A organización técnica e práctica do traballo é facultade exclusiva da empresa, que deberá facer uso dela con suxeición ó establecido nas leis.

En cada momento a empresa adoptará os seus sistemas de producción ás circunstancias tecnolóxicas, procurando, con carácter primordial, capacita-lo cadro de persoal para o desenvolvemento e aplicación dos novos procedementos, sen que estes poidan redundar en prexuízo dos dereitos económicos ou doutro tipo adquiridos.

Correspóndelle á dirección da empresa asignar e cambia-los postos de traballo e os destinos, todo iso de acordo coa lexislación vixente en especial la ordenanza laboral da auga.

Artigo 6º.-Comisión mixta.

A comisión mixta será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento deste convenio. As súas funcións serán as de interpretación e vixilancia do convenio.

-Estará integrada por:

-3 representantes do comité de empresa.

-3 representantes da empresa.

Esta comisión reunirase de xeito ordinario trimestralmente.

Artigo 7º.-Cadro de persoal.

O cadro de persoal será o que en cada momento resulte axeitado para a correcta explotación do servicio público que a empresa ten encomendado.

Artigo 8º.-Prestación do traballo.

O/A traballador/a está obrigado/a a coñecer e desempeñar tódolos traballos precisos para a correcta execución das tarefas que se encomenden e iso no nivel da categoría profesional que posúa.

No caso de que fosen desempeñados habitualmente por un/unha traballador/a tarefas correspondentes a varios oficios ou categorías profesionais, este deberá desempeñar aquela que resulte mellor remunerada, sen que iso signifique que pode deixar de realiza-la de carácter inferior.

Non rexerá o parágrafo anterior se o/a traballador/a realiza algunhas tarefas correspondentes a unha categoría superior á que posúa e perciba unha compensación especifica pola tarefa múltiple que desempeña.

Iso enténdese sempre e cando se trate de funcións auxiliares á función principal, xa que no caso contrario pode resultar de aplicación o disposto no artigo 12 do laudo arbitral a que se fai referencia no artigo 1º.

Considerarase que un/unha traballador/a realiza un traballo de superior categoría, cando ocupe un posto de traballo vacante, no que desenvolva un labor que corresponda a un nivel superior á súa categoría profesional, segundo a clasificación do artigo 15º deste convenio.

A declaración desta situación pode ser establecida por petición do/da traballador/a ou por iniciativa da dirección. En ámbolos casos deberá ser confirmada de acordo co comité da empresa.

Esta situación terá un límite temporal de tres meses como máximo, ó cabo dos cales se se confirmase a vacante aplicarase para a súa provisión o que establece o articulado deste convenio.

En todo caso, mentres se desenvolvan funcións de superior categoría, o/a traballador/a terá dereito, durante todo o tempo desta situación, á diferencia retributiva que lle corresponda.

No caso de discrepancia someterase á comisión mixta.

Artigo 9º.-Rendementos.

1. Procederase á determinación do rendemento normal que hai que desenvolver en cada posto de traballo.

2. As remuneracións que se establecen neste convenio corresponden a un rendemento normal.

3. Para a determinación de rendementos, saturación de traballo nos postos e fixación, se é o caso, de incentivos, a empresa poderá efectua-la medición dos traballos en todos aqueles casos que sexa viable, e teranse en conta tanto os factores cuantitativos como os cualitativos.

4. A representación dos/das traballadores/as constituída na empresa, a través dos órganos regulamentarios, terá nas materias que se especifican nos anteriores parágrafos a intervención que recoñece a lexislación vixente.

Artigo 10º.-Dedicación plena ó traballo.

Cando sexa posible a realización simultánea ou sucesiva dentro da xornada de funcións correspondentes a varios postos de traballo de análoga ou de inferior categoría, poderán ser aquelas encomendadas a un só traballador/a, ata chegar á plena ocupación da súa xornada, medida precisa para obter unha óptima productividade de todo o persoal. O tipo de traballo que se lle encomende non poderá ser vexatorio ou pexorativo.

Artigo 11º.-Exercicio do mando.

O persoal con mando, coa autoridade e responsabilidade conseguinte, deberá acada-lo rendemento e a eficacia do persoal do servicio que estea baixo as súas ordes e exercerá a súa autoridade de forma humana, axeitada e eficiente.

Son funcións inherentes a todo mando na empresa: a formación do persoal ás súas ordes para acada-la elevación do seu nivel técnico e profesional e velar pola súa seguridade.

Artigo 12º.-Roupas de traballo.

A dirección da empresa, coa participación do comité da empresa, determinará as roupas de traballo que deben ser utilizadas nos distintos servicios. A representación dos/das traballadores/as constituída na empresa, a través dos seus órganos regulamentarios, será informada respecto do tipo de roupas para utilizar ou informará respecto delas.

A calidade das roupas de traballo será a suficiente para a súa duración mínima dun ano.

O uso das roupas de traballo, para aquel persoal que as teña determinadas, será obrigatorio durante a prestación do traballo.

En cada ano de vixencia do convenio farase entrega das seguintes roupas de traballo.

No verán: 2 pantalóns, 2 polos, 2 camisas de manga curta, 1 cazadora e un par de zapatos.

No inverno: 2 pantalóns, 1 xersei, 2 camisas de manga longa, 1 funda ou conxunto de pantalón e chaqueta, 1 par de botas de seguridade e 1 chuvasqueiro. Con carácter bianual, 1 anorac.

A entrega da roupa de traballo farase na segunda quincena de xuño, a do verán, e na segunda quincena de setembro, a do inverno.

Tras unha carencia de dous anos, a roupa nova será recollida polo traballador, logo de entrega da usada. Ós lectores faráselles entrega de zapatos.

No caso de rotura dalgunha das roupas, estas serán substituídas por outras novas, logo de entrega das rotas.

Artigo 13º.-Formación profesional.

Entenderase que o obxecto xeral dela é mellora-la formación profesional do conxunto de traballadores/as. De acordo cunha previsión de vacantes no cadro de persoal, procurarase que o persoal da empresa sexa formado de tal forma que, con igualdade de oportunidades, poida acceder a postos de traballo de superior categoría ou responsabilidade que quedasen vacantes. Elaborarase anualmente un plano de formación con estes obxectivos.

Artigo 14º.-Obrigatoriedade da formación profesional.

Nos casos en que a formación profesional teña lugar en xornada ordinaria, será obrigatoria para o/a traballador/a a súa asistencia a ela e deberá procura-lo máximo aproveitamento nas ensinanzas que se imparten.

No caso de que a formación tivese lugar fóra da xornada, a asistencia a ela será voluntaria.

Artigo 15º.-Productividade.

As partes fan constar que consideran básica para o bo funcionamento da empresa, en particular, e da economía nacional, en xeral, que se incremente

a productividade en tódolos centros de traballo e procurarán un incremento do rendemento, tanto global como individualmente considerado.

Artigo 16º.-Premios e faltas.

Os traballadores/as poderán ser sancionados/as pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen nos apartados seguintes:

Clasificación das faltas:

Toda falta cometida por un traballador/a clasificarase, atendendo á súa importancia, transcendencia e intención, en leve, grave ou moi grave, de conformidade co que se dispón nos parágrafos seguintes.

a) Son faltas leves as seguintes:

1. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ó traballo sen a debida xustificación, cometidas durante o período dun mes.

2. Non cursar no tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivos xustificados, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. Pequenos descoidos na conservación do material.

4. Faltas de aseo e limpeza persoal.

5. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia ou domicilio.

6. As discusións sobre asuntos alleos ó traballo, dentro das dependencias da empresa ou durante actos de servicio. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán ser consideradas como falta grave ou moi grave.

7. Non comunica-las situacións persoais que poidan afectar ás obrigas fiscais ou de Seguridade Social da empresa cos seus traballadores/as.

8. O abandono do servicio sen causa fundada, aínda que sexa por tempo breve.

9. Non atende-lo público coa dilixencia e corrección debidas.

b) Cualificaranse como faltas graves as seguintes:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas durante un período de 30 días.

2. Non comunicar, coa puntualidade debida, as actividades do/a traballador/a que poidan afecta-la cotización á Seguridade Social. A falta malintencionada nestes datos consideraranse como falta moi grave.

3. Entregarse a xogos ou distraccións, calquera que sexan, estando de servicio.

4. A simple desobediencia a superiores en calquera materia do servicio. Se implicase quebranto da disciplina ou dela derivase prexuízo para a empresa, poderá ser considerada coma falta moi grave.

5. Simula-la presencia doutro/a traballador/a, fichando ou asinando por aquel/aquela.

6. A neglixencia ou desidia no traballo que afecte a boa marcha do servicio.

7. A imprudencia en actos de servicio. Se implicase risco de accidente para o/a traballador/a, para terceiros ou perigo de avaría ou danos para as instalacións ou equipos, poderá ser considerada como moi grave.

8. Facer, sen o oportuno permiso, xestións particulares durante a xornada, así como empregar para usos propios, ferramentas, equipos ou instalacións da empresa, incluso cando isto ocorra fóra da xornada de traballo.

9. A embriaguez ou toxicomanía fóra do traballo vestindo o uniforme da empresa.

10. A falta de asistencia ó traballo de ata dous días ó mes, sen xustificación.

11. Se como consecuencia de calquera falta de puntualidade, ou da causa prevista do parágrafo oitavo da letra a), se causase prexuízo á empresa ou fose causa de accidente, esta falta poderá ser considerada como grave.

12. Abandono do posto de traballo, sen causa xustificada, incumprindo o réxime de quendas establecido en cada centro de traballo.

13. Se existe reincidencia na comisión da causa prevista no parágrafo noveno da letra a).

14. A inobservancia das leis, regulamentos ou incumprimento das normas en materia de prevención de riscos laborais, cando supoñan risco para o traballador/a, os seus compañeiros/as ou terceiros, así como non usar, ou usar inadecuadamente os medios de seguridade facilitados pola empresa. No caso de que o risco fose grave ou se producise algún prexuízo, considerarase como moi grave.

15. A ocultación de calquera feito que o traballador/a presenciase, que cause de xeito apreciable prexuízo grave de calquera índole á empresa, ós seus compañeiros/as de traballo ou a terceiros.

16. A falta de puntualidade, sen a debida xustificación, cando tivese que relevar a un compañeiro/a.

17. Se a causa prevista no parágrafo sexto da letra a) producise escándalo notorio.

18. A reincidencia en falta leve, agás a de puntualidade, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado polo menos amoestación escrita.

c) Consideraranse como faltas moi graves, as seguintes:

1. Máis de dez faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou de vinte durante o ano.

2. A falta inxustificada de asistencia ó traballo de máis de dous días ó mes.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza, e o furto ou roubo, tanto á empresa como ós compañeiros/as de traballo ou a terceiros, dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera lugar.

4. O consumo fraudulento de auga ou complicidade nisto.

5. Facer desaparecer, inutilizar, esnaquizar ou causar estragos nas materias primas, artellos, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e documentos da empresa ou de terceiros relacionados con ela.

6. A condena por delicto de roubo, furto ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feito que poida implicar para esta desconfianza respecto do seu autor/a e, en tódolos casos, as de duración superior a seis anos, dictadas pola autoridade xudicial.

7. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal xeito que produza queixas xustificadas dos/das compañeiros/as de traballo ou clientes.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa.

9. Revelar, a elementos alleos á empresa, datos de reserva obrigada.

10. Facer traballos particulares durante a xornada laboral.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración ós/ás clientes, xefes/as ou calquera empregado/a da empresa, así como ós familiares de todos eles, durante a xornada de traballo ou en dependencias da empresa.

12. Causar accidente grave por neglixencia ou imprudencia inescusable.

13. Abandona-lo traballo en postos de responsabilidade, sen causa xustificada, ou en situación que cause grave prexuízo á empresa ou ós seus clientes.

14. A diminución voluntaria e continuada do rendemento normal ou pactado do traballador/a.

15. Orixinar rifas e liortas coas compañeiros ou compañeiras de traballo ou clientes.

16. A simulación de enfermidade ou accidente.

17. Prestar servicios a cotío sufrindo os efectos ou consecuencias de calquera tipo de embriaguez ou toxicomanía.

18. O acoso sexual.

19. As derivadas do previsto na causa sexta da letra a), e na segunda, cuarta, sétima e décimo cuarta da letra b).

20. Se como consecuencia da causa prevista no parágrafo décimo da letra b) se causase prexuízo á empresa ou fose causa de accidente, a citada falta poderá ser considerada como moi grave.

21. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dun semestre.

* Réxime de sancións e procedemento sancionador.

Correspóndelle á empresa a facultade de impor sancións nos termos do establecido neste convenio colectivo.

Tódalas sancións que non consistan en amoestación verbal requirirán de comunicación escrita motivada ó traballador/a.

Nos casos de sanción por falta moi grave, a empresa comunicará a sanción por escrito ó traballador/a cun prazo de preaviso de dous días hábiles para que produza efectos, entregando unha copia desta á representación legal dos traballadores/as. O traballador/a disporá dun permiso retribuído dos citados dous días hábiles para alegar por escrito ante a empresa o que na súa defensa estime oportuno. Se a empresa non modificase por escrito a súa decisión, esta entenderase efectiva transcorrido o citado prazo de dous días hábiles.

As sancións que a empresa poderá impor, segundo a gravidade e circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

-Por falta leve: amoestación verbal, amoestación por escrito ou suspensión de emprego e soldo de ata dous días.

-Por falta grave: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

-Por falta moi grave: suspensión de emprego e soldo de dezaseis días a sesenta días ou despedimento.

* Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días, e para as faltas moi graves ós sesenta días, a partir da data na que aquela tivese coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de se ter cometido.

* Representantes legais dos/das traballadores/as:

Se os membros do comité de empresa ou os/as delegados/as de persoal, como representantes legais dos/das traballadores/as, cometen faltas de orde laboral que poidan ter a consideración de graves ou moi graves, se procederá á apertura de expediente contradictorio, sendo oídos, agás do/da interesado/a, o comité de empresa ou restantes delegados/as de persoal.

Capítulo III

Clasificación profesional

Artigo 17º.-Clasificación profesional e definición.

As clasificacións e as definicións profesionais serán as seguintes:

Grupo I. Persoal titulado e técnico.

O persoal deste grupo é o que realiza funcións de orde técnica para o que se requiren uns determinados coñecementos técnicos, podendo ser preciso estar avalado/a pola correspondente titulación.

Nivel I.

-Titulados/as superiores de grao superior con xefatura:

Son os/as contratados/as para os traballos correspondentes ós seus títulos e que teñen ás súas ordes outros titulados de igual grao.

-Titulados/as de grao superior:

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título superior.

Nivel II.

-Titulados/as de grao medio:

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título ou con capacidade técnica e cos coñecementos precisos para dirixir algunha das ramas da empresa, ou ben para colaborar directamente cun/cunha titulado/a superior nas súas tarefas e incluso substituíndoo.

-Xefes/as de servicio:

Son os/as que, posuíndo a capacidade e coñecementos axeitados, teñen delegada baixo o seu mando e responsabilidade, a dirección ou inspección (ou ámbalas funcións), dalgunha das ramas da explotación.

Nivel III.

-Topógrafo/a de primeira:

Son os/as que están capacitados/as para realizar toda clase de traballos de replanteos e levantamentos topográficos, desenvolvendo en gabinetes os traballos efectuados no campo con taquímetro ou nivel, con coñecementos prácticos no manexo dos instrumentos topográficos máis usuais e está capacitado/a para o levantamento dun determinado anaco de terreo facendo as operacións para representalo no plano, podendo ter ás súas ordes a topógrafos/as de segunda.

-Delineantes-proxectistas:

Son os/as que por medio de planos dan realizacións prácticas ás ideas suxeridas polos/polas seus/súas xefes/as ou concibidas por eles/elas mesmos/as. Deberá coñecer cálculo de resistencia de materiais, posuíndo ó mesmo tempo os coñecementos técnicos e matemáticos precisos para o desenvolvemento da súa función, debuxa ou copia os planos de conxunto e detalle, logo de entrega do esbozo, efectuando cubicacións, etc., bosquexo do natural executando con perfección proxeccións, acotacións, seccións, rotulacións, e debuxos de detalle, ou o que posuíndo coñecementos técnicos e matemáticos elementais debuxa planos de detalle e conxunto copiando directamente ou por medio de papeis realizar á escala determinados esbozos sinxelos e claros de sinxela interpretación executando con perfección a rotulación.

-Encargados/as de sección:

Son os/as que tendo baixo as súas ordes inmediatas o persoal de inferior categoría teñen a responsabilidade do traballo que se debe realizar, correspondéndolle-la organización e dirección deste, esbozamento de ferramentas e artellos, dictado das dis

posicións que se precisan para a execución daquelas, vixilancia de gastos de ferramenta e material, enerxía postos de obras, segundo os planos e proxectos que lles teñan facilitado, os cales deberán saber interpretar e executar.

Nivel IV.

-Topógrafos/as de segunda:

Son os/as que con coñecementos prácticos no manexo dos instrumentos topográficos máis usuais posúen nocións de xeometría e trigonometría, estando capacitados/as para o levantamento topográfico dun determinado anaco de terreo e presentándoo despois no debuxo á escala interesada.

-Delineantes:

Son os/as que tendo os coñecementos técnicos e matemáticos precisos para o desenvolvemento da súa función, debuxan ou copian planos de conxunto e detalle precisos e acotados previa entrega do esbozo, efectuando cubicacións, etc. Bosquexo do natural executando con perfección proxeccións, acotacións, seccións, rotulacións e debuxos de detalle. Tamén poderá ser responsable do arquivo de planos e da reproducción destes.

-Analistas:

Son os/as auxiliares do persoal titulado correspondente que sen iniciativa propia executa tomas de mostra e prepara reactivos, solucións valoradas e caldos de cultivo de conformidade coas instruccións recibidas, esteriliza materiais, ademais de exercer misións burocráticas elementais propias do laboratorio, coida da conservación e limpeza do material e realiza as análises de tipo corrente que lles encomendan os seus superiores.

O persoal deste nivel IV, ós 8 anos do seu ingreso nel, percibirá a remuneración correspondente ó nivel III, se ata entón non foi posible o seu ascenso.

Nivel V.

-Auxiliares técnicos:

Son os/as que sen iniciativa propia colaboran na realización de traballos de carácter elemental técnico, encomendado polos/polas técnicos/as de categoría superior, baixo as ordes directas dos cales traballan.

O persoal deste nivel V, ós 8 anos do seu ingreso nel, percibirá a remuneración correspondente ó nivel IV, se ata entón non foi posible o seu ascenso.Ós 6 anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso, consolidará aquel nivel.

Grupo II. Persoal administrativo.

Será clasificado/a dentro deste grupo o persoal que realice misións de orde administrativa a quen para o desenvolvemento da súa función se lle esixe determinados coñecementos administrativos, podendo precisar estar avalado/a pola correspondente titulación.

Nivel I.

-Titulados/as de grao superior con xefatura:

Son os/as contratados/as para os traballos correspondentes ós seus títulos e que teñen ás súas ordes outros/as titulados/as de igual grao.

-Titulados/as de grao superior:

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título superior.

Nivel II.

-Titulados/as de grao medio:

Son os/as contratados/as para as misións correspondentes ó seu título, cos coñecementos precisos para dirixir algunha das ramas administrativas da empresa, ou ben para colaborar directamente cun/cunha titulado/a superior nas súas tarefas e incluso substituíndoo/a.

-Xefes/as de grupo:

Son os/as que exercen as súas funcións no lugar no que a empresa ten instalada a súa sede central asumindo a orientación e responsabilidade de varias seccións ou negociados.

-Xefes/as de sección:

Son os/as que ás ordes dos/das seus/súas superiores dirixen os cometidos sinalados á súa sección sen prexuízo da súa participación persoal no traballo.

-Subxefes/as de sección:

Son os/as que actúan como inmediatos/as colaboradores/as dos/das seus/súas superiores, substituíndoos/as plenamente nos casos de ausencia ou enfermidade, podéndose encargar ó tempo dunha especialidade determinada, da organización e disciplina da cal serán responsables.

-Analistas de sistemas:

Son os/as que posúen capacidade de síntese e coñecen as posibilidades e limitacións do equipo de proceso de datos. Emprega as técnicas de programación en toda a súa extensión, deseñando documentos de entrada e saída da aplicación e proxectan melloras nos procedementos e técnicas para empregar.

Nivel IV.

-Oficiais de primeira:

Son os/as que ás ordes dun/dunha superior, e con completo coñecemento dos traballos de categoría inferior, fan traballos de máxima responsabilidade relacionados co servicio que desempeñan, así como cantas outras nas que a total e perfecta execución requira a suficiente capacidade para resolver por propia iniciativa os atrancos que xurdan no desempeño do seu cometido. A xeito de orientación de propostas, despacho de correspondencia, contabilidade, liquidación de salarios e Seguridade Social e demais traballos propios de oficina.

Tódolos/as oficiais de primeira percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración

inicial correspondente á categoría inmediata superior se ata daquela non foi posible o seu ascenso.

-Programadores/as:

Son os/as que desenvolven traballos complexos a partir dos procedementos previamente definidos polos/polas analistas ata a súa total posta en explotación.

Nivel V.

-Oficiais de segunda:

Son os/as empregados/as que, con perfecto coñecemento do traballo de categoría inferior e ás ordes dun/dunha xefe/a ou oficial de primeira, desenvolven traballos de mediana responsabilidade, ou que requiren menos iniciativa, correspondentes á sección á que pertenzan, tales coma confección de nóminas, control e liquidación de efectos ó cobro, operacións doadas de contabilidade, transcrición nos libros, organización de arquivos e ficheiros, e demais traballos auxiliares.

Tódolos/as oficiais de segunda percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente á da oficial de primeira, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría de oficial de primeira.

-Operadores/as de ordenador:

Son os/as que operan e controlan ordenadores dotados de sistemas operativos e capaces de traballar en multiprogramación, principalmente equipos e programas de natureza complexa. Deben saber detectar e resolve-los problemas operativos, definíndoos como erros de operación de máquina.

-Xefes/as de cobradores, de lectores, de almacén:

Son os/as que ás ordes dos/das seus/súas superiores dirixen os cometidos sinalados á súa sección sen prexuízo da súa participación persoal no traballo.

-Encargados/as de cobradores, de lectores, de almacén:

Son aqueles/as empregados/as que sen prexuízo da súa participación persoal no cometido de lectores/as, cobradores/as ou almaceneiros/as, teñen carácter xerárquico sobre o persoal encadrado na categoría inferior con funcións, entre outras, de distribución, vixilancia, inspección de persoal ás súas ordes, comprobación de lecturas feitas.

Tódolos/as encargados percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente a xefes/as de cobradores, de lectores, de almacén, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría antes referida. Este sistema de ascenso producirá efectos a partir do 1-1-1999, e non terá carácter retroactivo.

-Inspectores/as de subministracións:

Son os/as que realizan inspeccións nas instalacións dos/das aboados/as. Deben estar capacitados para apreciar se as referidas instalacións se axustan ás normas regulamentadas, debendo informar ós seus superiores do resultado da súa inspección.

Tódolos/as inspectores de subministracións percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente a encargados/as de cobradores, de lectores, de almacén, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría antes referida. Este sistema de ascenso producirá efectos a partir do 1-1-1999, e non terá carácter retroactivo.

Nivel VI.

-Auxiliares administrativos/as:

Son os/as que axudan ós/ás seus/súas superiores en traballos de tipo administrativo en calquera das súas facetas, posuíndo coñecementos elementais de carácter burocrático, tales como os mecanográficos en xeral, manexo de máquinas de calcular, cálculo numérico, tratamento de textos, manipulación de efectos e documentos, xustificantes, preparación de recibos, cargos, etc.

Tódolos/as auxiliares percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente a oficial de segunda, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría de oficial de segunda.

-Lectores/as-cobradores/as:

Son os/as responsables de anota-lo consumo rexistrado polos contadores dos/das aboados/as nas libretas correspondentes debendo dar conta ós/ás seus/súas superiores das anomalías que observen con motivo das lecturas. Poderán cobrar no domicilio dos/das aboados/as os recibos, realizando despois a liquidación do cobro de acordo coas normas vixentes. Prepararán os cobros por cuarteiróns dos recibos non pagados e entregarán as cantidades cobradas, dando conta ós/ás seus/súas xefes/as das observacións e incidencias que formulen os/as aboados/as. Cando non realicen o seu traballo normal de lectura e cobros poderáselles encomendar na oficina traballos de repaso, comprobación e similares do conxunto de operacións que constitúan o seu labor habitual, podendo ó mesmo tempo que cobran e len, efectuar entrega de correspondencia ou notificacións relacionadas coas subministracións.

Tódolos/as lectores/as-cobradores/as percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente a inspector de subministracións, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría antes referida. Este sistema de ascenso producirá efectos a partir do 1-1-1999, e non terá carácter retroactivo.

-Almaceneiros/as:

Son os/as que, con coñecementos dos materiais que teñen ó seu cargo, atenderán a petición, recepción, clasificación, vixilancia e despacho destes.

Tódolos/as almaceneiros/as percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente a encargados/as de cobradores, de lectores, de almacén, se ata entón non foi posible o seu ascenso. Ós seis anos de asimilación de retribucións sen ter obtido o ascenso consolidarán a categoría antes referida. Este sistema de ascenso producirá efectos a partir do 1-1-1999, e non terá carácter retroactivo.

Grupo III.

Persoal obreiro:

É o persoal que desenvolve fundamentalmente labores relacionados con oficios clásicos ou cos peculiares da empresa.

Nivel VIII.

-Capataces ou encargados/as de taller, grupo ou estación:

Son aqueles/as operarios/as de superior categoría que, interpretando as ordes recibidas dos seus superiores, coidan o seu cumprimento e dirixen os traballos do persoal obreiro con perfecto coñecemento dos labores que estes/as efectúen, así como da perfecta execución do seu traballo.

-Montadores/as mecánicos ou electricistas:

Son os/as que interpretando os planos e esquemas das instalacións, motores e elementos auxiliares, efectúan a súa montaxe, reparación e axuste, no seu taller ou in situ, sabendo ó mesmo tempo deseñar e construír pequenas pezas en relación coas operacións propias da súa especialidade.

Nivel IX.

-Subcapataces:

Son os/as que realizan funcións auxiliares ó/á capataz, con igual función a este, ou subordinado, dirixindo e vixiando a un grupo de operarios/as.

-Inspectores/as de instalacións:

Son os/as responsables de toma-los datos precisos para redacta-los orzamentos e unha vez feita a instalación comproba-la súa execución, recollendo as oportunas notas para establecer despois a liquidación que teña que practicarse.

Nivel X.

-Oficiais de primeira:

Son os/as que posuíndo un oficio determinado o exercen e aplican con tal grao de perfección que non só lles permite levar a cabo os traballos xerais do seu oficio, senón aqueloutros que supoñan especial empeño e delicadeza dentro del, con coñecemento completo dos traballos de obradoiro, das instalacións de producción ou da rede de distribución, así como o conductor mecánico contratado especi

ficamente, por posuír carné de primeira clase, categoría C.

Nesta categoría inclúense os conductores de vehículos con peso superior ós 3.500 quilos. Os traballadores/as que asuman os labores de conducción deste tipo de vehículos poderán permanecer en categorías inmediatamente anteriores por un período máximo de dous anos.

Tódolos/as oficiais de primeira percibirán ós oito anos do seu ingreso na categoría a remuneración inicial correspondente á categoría inmediata superior se ata entón non foi posible o seu ascenso. Este persoal actuará no desempeño das súas funcións con iniciativa e responsabilidade propias, podendo ter ás súas ordes outro persoal de igual ou inferior categoría.

A aqueles conductores de camión que ascendan á categoría de oficial de 1ª, desde a categoría de oficial de 2ª, aplicaráselles integramente o parágrafo anterior. Se o ascenso se dá desde a categoría de oficial de 3ª, aplicarase o parágrafo anterior pero nun período de 16 anos, e se o ascenso se dese desde categorías inferiores, aplicaríase o parágrafo anterior pero nun período de 24 anos.

Nivel XI.

-Oficiais de segunda:

Integran esta categoría aqueles/as operarios/as que, sen chegaren á especialización esixida para o traballo máis perfecto, executan con abonda corrección e eficacia, tarefas de carácter xeral ou específico nos obradoiros, nas instalacións de producción ou na rede de distribución así como o conductor mecánico contratado especificamente, por posuír o carné de segunda clase, categoría B.

Este persoal poderá estar actuando ás ordes do persoal de superior categoría, ou ter ó seu cargo persoal de inferior categoría, cando o cometido asinado non sexa de maior responsabilidade.

Tódolos/as oficiais de segunda pasarán automaticamente a oficiais de primeira ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para isto sexa preciso a existencia de vacantes en oficiais de primeira.

Nivel XII.

-Oficiais de terceira:

Considéranse como tales os/as que, con formación profesional elemental nas funcións que integran un oficio, executan os traballos acordes coa referida formación, baixo a dirección ou encargo dun/dunha superior.

Tódolos/as oficiais de terceira pasarán automaticamente a oficiais de segunda ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para isto sexa preciso a existencia de vacantes en oficiais de segunda.

Aínda que se establezan tres categorías oficiais, as funcións que se lles encomendan a estes serán, en xeral, análogas con independencia da categoría a que pertenzan e baseadas fundamentalmente nos coñecementos das especialidades que se lles sinalen.

Nivel XIII.

-Peóns especialistas:

Son os/as empregados/as que, con determinados coñecementos dunha especialidade, e executan as súas ordes e axudan ós oficiais. Tódolos/as peóns especialistas pasarán automaticamente a oficiais de terceira ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para isto sexa preciso a existencia de vacantes en oficiais de terceira.

Nivel XIV.

-Peóns:

Son aqueles/as operarios/as maiores de 18 anos, con capacidade suficiente para un rendemento normal de traballo e non precisan práctica previa nin coñecemento de especialidade ningunha. Tódolos/as peóns pasarán automaticamente a peóns especialistas ó cumpriren os oito anos do seu ingreso naquela categoría, sen que para isto sexa preciso a existencia de vacantes en peóns especialistas.

Nivel XV.

-Aprendices:

Serán aqueles/as traballadores/as menores de 18 anos que teñan vixente un contrato de aprendizaxe segundo a lei.

Grupo IV. Persoal subalterno.

Nivel XVIII.

-Persoal de limpeza:

É aquel persoal que ten ó seu cargo a limpeza das oficinas e outras dependencias da empresa.

Capítulo IV

Xornada; horario; horas extraordinarias; vacacións; permisos por enfermidades; viaxes; desprazamentos e servicio militar

Artigo 18º.-Xornada.

Para todo o persoal, a xornada semanal orientativa será de 38 horas semanais. Establécese a xornada intensiva os venres dos meses de xullo e agosto.

Para as explotacións de Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, así como para o persoal de oficina e lectores, a xornada intensiva será do 21 de xuño ó 5 de setembro.

Establécese unha xornada anual de horas efectivas de traballo de 1.695 horas.

Artigo 19º.-Prolongamento da xornada.

Nos casos en que por necesidades do servicio deba prolongarse a xornada máis dunha hora despois do seu termo normal, a empresa deberá conceder dúas horas libres non computables como extraordinarias

para que o/a traballador/a se poida desprazar ó seu domicilio e reemprenderá o traballo despois do dito tempo por un mínimo de tres horas extraordinarias, que de non se realizaren percibirá economicamente. Cando o traballo se realice na chamada zona de axuda de custos, percibirase esta, e non será de aplicación o anterior, sendo o especificado no parágrafo seguinte.

Se a urxencia do traballo impedise a interrupción de dúas horas, realizarase este en zona de axuda de custos, e concederáselle ó persoal un mínimo de media hora para que poida xantar no traballo ou nos seus arredores. Esta interrupción de media hora non computará como tempo traballado, pero dará dereito á percepción dunha axuda de custos, sexa cal sexa o lugar no que se traballe e non rexerá neste caso o mínimo de horas especificado no parágrafo anterior.

O importe da axuda de custos que se perciba especifícase no artigo 48º deste convenio.

Despois de percibi-la primeira axuda de custos e nas mesmas condicións, cada oito horas máis de prolongación da xornada corresponderá unha comida e por iso unha axuda de custos.

Se a urxencia do traballo motivase prolongación do horario de mañá, realizarase aquel en zona de axuda de custos, e percibirase como extraordinaria a hora e media restante do tempo libre habitual de dúas horas concedido para a comida.

No caso de que unha comida sexa proporcionada pola empresa iso substituirá a percepción de axuda de custos.

Artigo 20º.-Horario.

O horario será o establecido polo calendario laboral en cada centro de traballo. Para a xornada continuada farase unha pausa de 15 minutos.

Artigo 21º.-Cumprimento do horario.

Ó comezo da xeira o persoal deberá estar no seu posto de traballo completamente preparado para o desempeño da súa función e deberá permanecer nel ata a hora da saída.

Excepto o persoal expresamente autorizado pola índole do seu traballo, non se poderá saír durante a xornada do centro de traballo sen autorización da xefatura á que se estea adscrito o/a empregado/a.

Así mesmo, tamén se requirirá autorización para abandona-lo posto de traballo e desprazarse polos edificios ou instalacións.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

A prestación de horas extraordinarias rexerase polo disposto nas normas laborais vixentes. Dado o carácter de servicio público que ten a empresa afectada por este convenio, de concorreren circunstancias xustificadas que non permitan a suspensión dun traballo ó remate da xornada laboral, o/a traballador/a poderá prolongala ata a fin do traballo ou ata ser substituído/a por outro/a traballador/a.

Considéranse circunstancias as de forza maior, substitución de persoal, avarías que requiran reparacións urxentes e outras análogas que pola súa natureza non se poidan aprazar. A empresa procurará, en tódolos casos en que se poida prever tales necesidades, organiza-lo réxime de traballo de xeito que poidan cubrirse sen necesidade de prolongación forzosa da xornada. No posible procurarase que o/a traballador/a non preste servicios máis de oito horas sen interrupción.

Para efectos de cotización á Seguridade Social, tales horas terán a consideración de estructurais e non entrarán, para efectos de limitación, ó computo das conceptuais como horas extras.

Artigo 23º.-Traballo por quenda.

Son aqueles que requiran actividade permanente durante as vintecatro horas do día e 365 días ó ano, polo que se establecen quendas de traballo, sen que teñan a cualificación de horas extraordinarias as traballadas en domingo ou festa intersemanal. Poñerase á disposición do persoal afectado o calendario anual das quendas correspondentes.

As quendas de traballo serán de oito horas diarias.

Artigo 24º.-Vacacións.

a) Os/as traballadores/as do cadro de persoal gozarán dunhas vacacións anuais de trinta días naturais.

b) Aboaranse os días gozados de vacacións de acordo coa retribución diaria que se especifica no artigo 36º deste convenio.

Artigo 25º.-Desfrute das vacacións.

Dentro do primeiro mes do ano, a empresa co comité de empresa acordará o calendario de vacacións, procurando, sempre que as necesidades do servicio o permitan, atende-las peticións que en tal sentido remitan os/as traballadores/as.

Cando coincidan nas mesmas datas as peticións de dous ou máis empregados/as que non se poidan ausentar simultaneamente, o mando ó cargo do devandito servicio ou sección tratará de poñelos de acordo, e se non o conseguise terá preferencia o de maior categoría. O dito dereito exercerase de forma rotativa, de maneira que quen o puidese exercer en primeiro lugar un ano pasará a ocupar no seguinte o último posto da relación de elección prioritaria.

En caso de igualdade de categoría profesional, rexerá para os efectos de prelación a orde de antigüidade na empresa, co mesmo mecanismo có previsto anteriormente.

As vacacións deberán desfrutarse ininterrompidamente. Sen embargo, a empresa poderá recomendar por necesidades da empresa o desfrute fraccionado das vacacións en dous períodos. No dito caso, gratificarase con un día máis de licencia.

Establécese tamén que, se no desfrute de vacacións coincidise algún festivo local ou nacional, eses días desfrutaranse a maiores.

As vacacións desfrutaranse nos meses de maio a setembro, ambos incluídos. Se por necesidades do servicio isto non fose posible, o/a traballador/a terá dereito a desfrutar, cando menos, quince días neste período.

Artigo 26º.-Días ponte.

Establécense como días ponte dous durante o ano. Considéranse para tódolos efectos como festas non recuperables.

O persoal que en réxime de garda non puidese gozar destes días de ponte non deberá recupera-lo horario traballado neles, e percibirá unha compensación complementaria de 13.711 ptas. (82,40 euros), por cada día ponte coincidente coa garda.

Os/As traballadores/as en réxime de quenda non terán estes días ponte, nin percibirán horas extraordinarias polo traballo realizado durante eles. Establécese, sen embargo, unha retribución complementaria nestes casos de 9.795 ptas. (58,87 euros), por cada día ponte non gozado.

Para 1999, establécense como días ponte o 14 de maio e o 7 de decembro.

Artigo 27º.-Festa local tradicional.

O calendario laboral establece doce festas anuais de carácter nacional e dúas de ámbito local.

Acórdase que a festa local tradicional sexa o martes de Entroido con carácter non recuperable.

O persoal que en réxime de garda non poida gozar desta festa local tradicional percibirá unha compensación complementaria de 13.711 ptas. (82,40 euros).

Os/As traballadores/as en réxime de quenda non gozarán desta festa local tradicional, nin percibirán horas extraordinarias polo traballo realizado durante ela. Establécese, sen embargo, una retribución complementaria nestes casos de 9.795 ptas. (58,87 euros), pola festa local tradicional non gozada.

O persoal ó que lle coincida esta festividade con festivo local desfrutará o luns en compensación.

Artigo 28º.-Festividade da padroeira.

Establécese como non recuperable o día 1º de xuño, festividade da padroeira do servicio de augas, Nosa Sra. da Luz.

Os/As que por necesidade do servicio non poidan gozar desta festa ateranse ó disposto no artigo 26º no relativo á compensación económica por horas de garda feitas ou por réxime de quenda efectuada.

Artigo 29º.-Permisos.

Os permisos que se regulan no punto 3 do artigo 37 do vixente Estatuto dos traballadores quedarán fixados do xeito seguinte:

a) Matrimonio do/da traballador/a: 20 días.

b) Falecemento do cónxuxe ou fillos/as: 5 días.

c) Falecemento de irmáns, netos/as ou ascendentes do/da empregado/a ou do seu cónxuxe: 3 días, cando o óbito se produza na provincia onde ten o seu centro de traballo, e 5 días, se ten lugar en calquera outro punto.

d) Falecemento de familiares consanguíneos: 1 día retribuído, se o óbito ten lugar na provincia en que ten o seu centro de traballo, amplíase en 2 máis, non retribuídos, se se produce fóra da devandita provincia.

e) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave do cónxuxe, fillos/as, pais/nais dun ou doutro cónxuxe, netos/as, avós/as ou irmáns: 3 días que se poderán ampliar ata tres máis se o/a traballador/a necesita realizar un desprazamento fóra da provincia en que ten o seu centro de traballo, para tal efecto.

f) Maternidade: 4 días, ampliables en dous máis se o traballador necesitase realizar un desprazamento fóra da provincia en que ten o seu posto de traballo.

g) Traslado de domicilio habitual: 2 días.

h) Exames: os/as traballadores/as inscritos/as en cursos organizados por centros oficiais e recoñecidos polo Ministerio de Educación e Ciencia, para a obtención dun título académico a teor da Lei xeral de educación, terán dereito a un tempo máximo de dez días ó ano para concorrer a exames finais e demais probas definitivas de aptitude e avaliación.

i) Licencias por asuntos propios: 3 días retribuídos, que non se poderán coller unidos ás vacacións. Para desfrutar destes días deberá xustificarse a súa necesidade.

Artigo 30º.-Excedencias.

Os/As traballadores/as cun ano de servicio poderán solicita-la excedencia voluntaria por un prazo mínimo de dous anos, e non superior a cinco anos, e non se computará o tempo que dure esta situación para ningún efecto, e sen que en ningún caso se poida producir nos contratos de duración determinada.

As peticións de excedencia serán resoltas pola empresa no prazo máximo dun mes, tendo en conta as necesidades de traballo e procurando despachar favorablemente aquelas peticións que se funden en terminación de estudios, esixencias familiares e outras análogas.

Cando se produza unha excedencia, se se procede ó cubri-la vacante, tanto se é con persoal de novo ingreso como con persoal xa de cadro de persoal, considerarase que a dita cobertura é provisional e, polo tanto, que o reingreso do excedente leva consigo ou a rescisión do contrato interino ou o reingreso do/da traballador/a do cadro de persoal ó seu posto, lugar e condicións de orixe.

O reingreso nas excedencias é automático. O/A traballador/a deberalle comunicar á empresa o citado reingreso cunha antelación mínima de trinta días antes do seu remate, e volverá entón ocupa-lo mesmo posto e coas mesmas condicións anteriores.

Artigo 31º.-Baixas por enfermidade común e accidente non laboral.

1. Cando por estar enfermo/a non poida un/unha empregado/a asistir ó traballo, deberá dentro das dúas primeiras horas da súa xeira poñe-lo en coñecemento da xefatura á que se estea adscrito. O incumprimento da dita obrigación, da que só quedará eximido por causas de forza maior debidamente xustificadas, facultará á empresa para considerar que a ausencia do traballo non é xustificada. Sen embargo, establécese que a empresa poderá solicitar parte facultativo do médico que atendese ó/á empregado/a.

2. Se a duración da enfermidade é superior a dous días naturais, o/a interesado/a deberá obte-la baixa do seu médico de cabeceira e remitirlla ó/á seu/súa xefe/a inmediato/a para que este lla envíe ó servicio de persoal correspondente para a súa tramitación.

A non presentación dos partes de baixa faculta, así mesmo, para considera-la ausencia como inxustificada.

Artigo 32º.-Viaxes e desprazamentos.

O/A traballador/a que por necesidades da empresa se desprace fóra da localidade onde radique o centro de traballo percibirá polo concepto de axudas de custo as cantidades que se establecen no artigo 48º deste convenio, sen distinción de categorías.

Para a retribución destas axudas de custo será condición indispensable que o desprazamento obrigue respectivamente a xantar ou cear fóra da localidade, entendéndose que esta circunstancia se produce cando a ausencia supera as 16 ou 23 horas.

Independentemente destas cantidades, as empresas facilitarán para os desprazamentos, ou ben medios propios, ou no seu defecto o importe do billete de autobús ou primeira clase de ferrocarril.

O desprazamento dun/dunha traballador/a polos medios propios entre os distintos centros de traballo será compensado co aboamento correspondente en ptas./km feito.

Deberanse mante-las condicións máis beneficiosas existentes na actualidade.

Artigo 33º.-Servicio militar.

Terase en conta o disposto na lexislación vixente.

Capítulo V

Réxime económico

Artigo 34º.-Réxime económico.

O réxime económico que rexerá na empresa e no seu persoal será exclusivamente o que se pacta no articulado deste convenio, sen que existan outras retribucións que non sexan as especificadas neste capítulo, que comprendían tódalas que anteriormente e por tódolos conceptos se satisfacían, e respectaranse, sen embargo, os dereitos adquiridos.

Artigo 35º.-Norma xeral.

As retribucións de calquera carácter pactadas neste convenio, establecidas regulamentariamente ou

convidas ben individualmente, ben en grupo, enténdense que, en todo caso, son con carácter bruto, e será por conta do/da empregado/a a retención a conta do imposto de rendemento das persoas físicas, a cota obreira de cotización á Seguridade Social e calquera outra carga que existe ou poida legalmente establecerse sobre o salario.

As retribucións ás que fai referencia o parágrafo anterior son fixadas en razón da xornada completa de traballo.

En consecuencia, o persoal que teña establecido un réxime de traballo de parte da xornada percibirá as indicadas retribucións en proporción á xornada semanal que realice, comparada coa xornada completa correspondente á súa categoría laboral.

Artigo 36º.-Táboa de retribucións.

A táboa de retribucións é a desagregación mensual por conceptos do nivel de retribucións por categoría.

O resto das retribucións para o cálculo do bruto anual calcúlase de acordo cos distintos conceptos e porcentaxes que aparecen descritos neste convenio.

Artigo 37º.-Niveis de retribución anual.

1. Niveis anuais de retribucións por categoría: o dito nivel, en cómputo anual, é o salario base e a participación en beneficios que del derivase.

No anexo I deste convenio detállase por cada categoría o nivel anual de retribucións que lle corresponde.

2. Nivel anual de retribución individual: é o resultado de lle engadir ó nivel de retribución que por categoría lle corresponda a un/unha empregado/a o cómputo anual do premio de antigüidade.

Artigo 38º.-Retribución diaria.

Para efectos de aboamentos ou deduccións, considérase como retribución diaria a trintava parte dos haberes fixos mensuais, salario base mensual e maila antigüidade, e beneficios que teña recoñecidos cada empregado/a.

Artigo 39º.-Salario base.

A columna primeira do anexo deste convenio terá o carácter de salario base, de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores. O salario base percibirase nas doce pagas ordinarias e nas catro extraordinarias.

Artigo 40º.-Antigüidade.

O premio de antigüidade terá carácter de complemento persoal de acordo co establecido no parágrafo A do artigo 5 do Decreto do 17-8-1973, e calcúlase segundo as seguintes porcentaxes:

1) 2%, anual, durante os 10 primeiros anos.

2) 1%, anual, a partir dos mesmos.

Ó persoal incorporado á empresa con posterioridade ó 1-1-1999 aboaráselle o premio de antigüidade de acordo coas seguintes porcentaxes:

1) 1%, anual, durante os 10 primeiros anos.

2) 0,5%, anual, a partir destes.

Artigo 41º.-Participación de beneficios.

Ten carácter de complemento salarial, de acordo co Estatuto dos traballadores. Consistirá nun quince por cento do salario base mensual e maila antigüidade mensual que en cada momento acredite o/a traballador/a atendida a súa categoría e data de ingreso, e percibirase nas doce mensualidades.

Artigo 42º.-Complementos persoais.

O complemento persoal ten carácter de complemento salarial, de acordo co Estatuto dos traballadores.

O complemento persoal de cada empregado/a queda consolidado na súa contía sen prexuízo do disposto no artigo 7º deste convenio e salvo que se pactase por escrito o contrario entre a empresa e o/a empregado/a. Da concesión ou mellora destes complementos pasarase información ó comité de empresa.

O complemento persoal percibirase nas doce mensualidades ordinarias.

Durante a vixencia deste convenio non sufrirá, en xeral, ningún incremento.

Artigo 43º.-Complemento de traballos de quenda.

O persoal cualificado de quenda percibirá mentres realice tal réxime de traballo, un complemento cunha contía mensual que será do 15% do salario mensual, que resulte por cada traballador/a, a teor da súa categoría e data de ingreso na empresa. O dito plus percibirase nas doce mensualidades ordinarias e nas catro extraordinarias.

O complemento por traballos de quenda ten carácter de complemento salarial de acordo co disposto no Estatuto dos traballadores.

Os/As traballadores/as que traballen baixo este réxime e que lles corresponda traballar as noites do 24 e 31 de decembro percibirán unha gratificación de 12.000 ptas. (72,12 euros), por cada unha das noites.

Artigo 44º.-Complemento de garda.

Establécense dous tipos de garda:

a) A garda de presencia no posto de traballo, como unha xornada laboral máis, que se retribuirá a 15.830 ptas. (95,14 euros).

b) A garda de localización semanal, que se retribuirá a 11.659 ptas. (70,07 euros).

A garda de localización farase de luns a domingo, ou de venres a xoves, segundo a explotación, e a contía que se establece compensa a dispoñibilidade do persoal de garda durante o tempo de duración desta.

Dotarase dos medios técnicos necesarios -teléfono móbil ou busca- para facilita-la localización do persoal de garda.

Os traballos que o persoal de garda de carácter permanente, -controis rutineiros de lecturas, comprobación de niveis de depósitos, lectura de contadores e consumo enerxético, labores de cloración, etc.-, procuraranse realizar dentro da xornada habitual de traballo, no caso de non ser posible remunerarase o tempo utilizado nestes traballos, en tódolos días de duración da garda, a razón do importe da hora ordinaria de traballo.

O tempo empregado para a reparación de avarías, fóra da xornada habitual de traballo, será remunerado como horas extras no importe que se establece no artigo 52º deste convenio colectivo.

Naquelas explotacións onde exista actualmente, recoñécese a figura do retén. Enténdese por retén o tempo en que o traballador permaneza en expectativa de posible atención ó servicio, a requirimento do persoal de garda da explotación á que está adscrito, a determinado lugar, para prestar un servicio como consecuencia de situacións que se presenten con carácter extraordinario, urxente e que pola súa transcendencia, desde o punto de vista económico, do servicio público, ou de danos a persoas ou bens, poidan considerarse de gravidade, sendo imposible ou difícil a atención da urxencia polo persoal que estea de garda ou servicio, debendo concorre-las circunstancias seguintes: 1) que o traballador/a sexa requirido cando estea fóra do seu centro de traballo e da súa xornada laboral; 2) que a prestación do servicio deba realizarse fóra do horario de traballo, calquera día da semana, incluídos sábados, domingos e festivos; 3) que exista unha descontinuidade coa xornada laboral do

traballador/a; 4) que veña motivado por unha causa imprevista e non programada, descoñecéndose ou non sendo previsible a posible causa da incorporación no momento de terse concluído a xornada laboral do traballador/a requirido/a. O chamamento do retén farase, exclusivamente, cando se dean as condicións anteditas. A compensación económica será equivalente ó 50% do importe dunha garda de localización, e dado o seu carácter extraordinario, non se computará para a retribución das vacacións.

Artigo 45º.-Complemento de traballos nocturnos.

O complemento consistirá nun complemento de remuneración equivalente ó 20 por cento da base individual da hora extraordinaria por cada hora ordinaria traballada en período nocturno.

Este plus percibirase polas horas ordinarias traballadas, por canto respecto das extraordinarias xa se incluíu o seu importe na recarga da hora.

O complemento de traballo nocturno ten o carácter de complemento salarial, de acordo co Estatuto dos Traballadores. Non será aboable ós/ás traballadores/as en réxime de garda e quenda.

Artigo 46º.-Retribución a tanto alzado por prolongación de xornada, dispoñibilidade nocturna ou festivo.

Cando polas circunstancias específicas que concorran no posto de traballo sexa aconsellable que, con certa asiduidade, o/a empregado/a que o desempeña en xornada ordinaria a prolongue con horario extraordinario, co traballo en festivos poderá convirse unha retribución a tanto alzado da xornada extraordinaria que se deberá documentar por escrito. Ó vencemento do prazo poderán libremente ámbalas partes optar ou non pola renovación e quedarán neste último caso libres das obrigas que contraesen.

Á entrada en vigor do presente convenio respectaranse na súa contía as retribucións a tanto alzado que, polos conceptos indicados, poida ter algún/algunha empregado/a.

O persoal da primeira e segunda categoría dos grupos técnicos e administrativos ten xa incluído no seu nivel de retribución a compensación a que fai referencia este artigo.

Artigo 47º.-Complemento de transporte.

Establécese, para tódolos/as traballadores/as e categorías, un complemento de transporte de 713 ptas. (4,29 euros). O dito complemento percibirase nas 12 mensualidades ordinarias.

Artigo 48º.-Importe das axudas de custo.

Terase en conta o disposto no artigo 32º do presente convenio, e percibiranse os seguintes importes:

a) Xantar ou cea: 1.354 ptas. (8,14 euros)

b) Aloxamento e almorzo: 3.751 ptas. (22,54 euros)

c) Quilometraxe: 35 ptas. (0,21 euros), quilómetro.

O/A traballador/a poderá optar entre a percepción das cantidades neste artigo reflectidas ou polo aboamento por parte da empresa dos gastos xustificados de comidas e estadía.

Artigo 49º.-Complemento por traballos tóxicos.

O complemento por traballos tóxicos previsto pola vixente ordenanza laboral fíxase nun 20 por cento do salario base do/da empregado/a que realice o traballo, dispoñendo do tódalas medidas de seguridade á hora de realiza-lo traballo.

Percibirán o dito complemento, logo de consultar á delegación provincial de Traballo, aqueles/as traballadores/as que traballen en ambientes tóxicos. O dito complemento non se percibirá sistematicamente senón só naqueles traballos ou quendas en que se efectúen cambios de container ou botellón de cloro, purga de decantadores, preparación de hipoclorito, limpeza de depósitos con ambiente de cloro.

Queda excluída a manipulación ou dosificación do hipoclorito ou axuste das dosificacións de aparellos dosificadores ou controladores de gas, etc., e todas aquelas operacións nas que o/a operario/a aínda dunha forma externa, sen penetrar no ambiente do gas en cuestión.

O complemento por traballos tóxicos ten carácter de complemento salarial, de acordo co parágrafo B do artigo 5 do Decreto do 17 de agosto de 1973.

Artigo 50º.-Complemento por traballos penosos.

O persoal que preste servicios nos camións e patrol das brigadas de saneamento percibirá en concepto de complemento por traballos penosos a cantidade de 2.036 ptas. (12,24 euros), mensuais.

Este complemento tamén será percibido polo persoal que preste servicios nas plantas depuradoras de residuais e que non perciba o plus de tóxicos.

Artigo 51º.-Gratificacións extraordinarias.

Tódolos/as traballadores/as percibirán catro gratificacións extraordinarias, que consistirán no importe dunha mensualidade do salario base e antigüidade.

Os/As traballadores/as en réxime de quenda percibirán tamén en cada gratificación extraordinaria, o importe mensual do complemento de traballo por quenda, que teñan recoñecido. As datas de cobro das gratificacións extraordinarias serán:

a) O penúltimo día laboral do mes de marzo.

b) O penúltimo día laboral do mes de xuño.

c) O penúltimo día laboral do mes de setembro.

d) O día 20 de decembro.

As gratificacións extraordinarias terán carácter de complemento salarial de acordo co disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 52º.-Valor das horas extraordinarias.

As horas extraordinarias remuneraranse coa recarga do 75 %, 100% e 125%, sobre o valor da hora ordinaria, tal cal se establece na normativa vixente, se estas se realizan ata as 21 horas dun día laborable, das 21 horas ás 9 horas, e en festivos ou fins de semana, respectivamente.

Artigo 53º.-Compensación por traballos de superior categoría.

Cando de acordo co Estatuto dos traballadores se presten con carácter temporal traballos de superior categoría á que posúe un/unha traballador/a, este/a percibirá mentres permaneza na dita situación unha remuneración ou compensación equivalente ó importe diario da diferencia que no salario base e beneficios do salario base, exista entre a categoría que posúe e a correspondente ós salarios da que temporalmente realiza. Se un/unha traballador/a, durante un período superior a catro meses ininterrompidos ou durante doce meses alternos nun período de dous anos, realizase traballos de categoría superior á que ten recoñecida, procederase de acordo co establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 54º.-Quebranto de moeda.

Para os/as empregados/as que exerzan funcións que requiran o manexo de diñeiro en metálico ou talóns bancarios, sempre e cando o/a empregado/a

sexa responsable do depósito dos fondos, fíxase a cantidade de 28.269 ptas. (169,90 euros), con carácter anual.

Artigo 55º.-Pagamento de salarios.

O salario base, a antigüidade, a participación en beneficios, e o complemento persoal pagaranse o penúltimo día laborable do mes do seu devengo.

Artigo 56º.-Incremento salarial.

O incremento salarial para cada un dos anos de vixencia do convenio será do 2,7% sobre o salario base, e do 1,8% sobre o resto dos conceptos económicos do convenio, para tódalas categorías.

Capítulo VI

Anticipos, préstamos e outras axudas

Artigo 57º.-Anticipos.

A empresa, por instancia dos/as traballadores/as, anticipará sumas que non excedan do 75 por cento do haber mensual, que deberán ser deducidos dos haberes correspondentes ó mes seguinte no que se fixo o anticipo.

Artigo 58º.-Empréstitos para adquisición de vivenda.

A empresa poderalle conceder ó seu persoal empréstitos para a adquisición dunha vivenda distinta á que actualmente estea ocupando o/a empregado/a e que resulte insuficiente ou insalubre, ou para a adquisición dunha vivenda propia, no caso de estar como inquilino.

Artigo 59º.-Empréstitos para atencións diversas.

Os/As traballadores/as poderán solicitar por circunstancias de carácter familiar ou persoal a concesión de empréstitos sempre que acrediten a realidade dun desembolso, a súa necesidade, ou ben dificultades económicas de carácter imprevisto.

Artigo 60º.-Contía dos empréstitos.

A contía máxima dos empréstitos será a seguinte:

1. Para a adquisición de vivenda: 1.500.000 ptas. (9.015,18 euros).

2. Para atencións diversas: 400.000 ptas. (2.404,05 euros).

Artigo 61º.-Condicións para a concesión dos empréstitos.

Para optar á concesión dos empréstitos, o/a empregado/a que o solicite debe ter unha antigüidade mínima de dous anos na empresa. Ademais debe estar como empregado/a con carácter fixo.

Terán preferencia á hora da concesión dos empréstitos aqueles/as traballadores/as que non tivesen feito uso deste dereito con anterioridade.

O saldo que en cada momento se lle deba á empresa polos diversos empréstitos concedidos non poderá ser superior a 17.000.000 de pesetas (102.172,06 euros). Establécese un fondo de 16.000.000 de ptas. (96.161,94 euros) para vivenda,

e de 5.500.000 ptas. (33.055,67 euros) para atencións diversas.

A concesión de tales empréstitos faranse logo de informe da representación dos/as traballadores/as legalmente constituída na empresa.

Artigo 62º.-Prazos e forma de amortización.

Os empréstitos concedidos amortizaranse mediante a deducción mensual dos haberes do/da traballador/a dunha cantidade fixada en atención á contía e prazo de amortización.

O prazo máximo para a amortización do empréstito «vivenda» será de cinco anos e tres anos para o de «atencións diversas».

O/A traballador/a voluntariamente poderá anticipa-la devolución do empréstito.

Artigo 63º.-Xuros.

Os empréstitos que se soliciten dentro da vixencia deste convenio producirán uns xuros do 2,5%, manténdose o tipo de xuro dos créditos en curso.

Artigo 64º.-Incompatibilidade.

É común a toda clase de empréstitos que mentres non se amortizase un empréstito outorgado a empresa poida nega-la concesión doutro novo.

Artigo 65º.-Socorro do falecemento.

En caso de falecemento dun/dunha traballador/a a empresa aboaralles ós/ás sucesores/as segundo dereito un importe equivalente a seis mensualidades do salario percibido no mes anterior ó seu falecemento.

En caso de pasamento da esposa ou fillos/as dun/dunha traballador/a, a empresa aboaralle a cantidade de 61.080 ptas. (367,10 euros) para gastos de funerais.

Artigo 66º.-Cesta do Nadal.

Con motivo das festas do Nadal a empresa obsequiará os/as traballadores/as cunha cesta con productos de Nadal, por un valor de 3.563 ptas. (21,41 euros). Crearase unha comisión entre a representación da empresa e a dos traballadores/as co fin de estudiar os orzamentos facilitados polas empresas subministradoras.

Capítulo VII

Réxime asistencial

Artigo 67º.-Concepto de réxime asistencial.

O réxime asistencial que se pacta neste convenio colectivo é o conxunto de medidas que complementan a acción protectora do réxime xeral da Seguridade Social ós/ás traballadores/as que prestan os seus servicios á empresa.

Artigo 68º.-Natureza do réxime asistencial.

O réxime asistencial que se pacta neste convenio ten a natureza de mellora voluntaria da acción protectora do réxime xeral da Seguridade Social.

Artigo 69º.-Mellora das prestacións por incapacidade laboral transitoria.

No caso de incapacidade laboral transitoria, debidamente acreditada pola Seguridade Social, derivada tanto de accidente de traballo ou enfermidade profesional, como por enfermidade común ou accidente non laboral, o/a traballador/a percibirá o 100% do salario fixo que percibe no momento de se produci-la baixa.

Artigo 70º.-Recoñecemento médico.

No prazo máximo de tres meses, contados a partir da aprobación deste convenio pola autoridade laboral, a empresa proporalle á representación dos/das traballadores/as legalmente constituída os períodos dentro dos que deberá efectuarse o recoñecemento médico anual obrigatorio correspondente ó ano en curso, séndolle facilitado a cada empregado/a un resumo do dito recoñecemento. O recoñecemento terá carácter obrigatorio.

Artigo 71º.-Seguro de vida colectivo.

Continúa o seguro de vida colectivo pactado no anterior convenio, e será por conta da empresa o pagamento da súa prima total, de acordo coas condicións que sexan establecidas pola compañía de seguros na póliza que se vai contratar.

As cantidades que se fixarán en cada caso dos que a seguir se mencionan son as seguintes:

a) Morte natural, ata o límite dos 65 anos de idade, 600.000 ptas. (3.606,07 euros), que se lles aboarán ós/ás beneficiarios/as que libremente designe o/a asegurado/a, inmediatamente despois de ocorre-lo falecemento.

b) Morte por accidente, ata o límite dos 65 anos de idade, 2.000.000 DE ptas. (12.020,24 euros), que se lles aboarán ós/ás beneficiarios/as que libremente designe o asegurado/a, inmediatamente despois de ocorre-lo falecemento.

c) Morte por accidente de tráfico, ata o límite dos 65 anos de idade, 2.500.000 ptas. (15.025,30 euros), que se lles aboarán ós/ás beneficiarios/as libremente designados polo asegurado, inmediatamente despois de ocorre-lo falecemento.

d) Invalidez total absoluta ou permanente, ata o límite dos 65 anos de idade, 600.000 ptas. (3.606,07 euros) que se lle aboarán ó/á traballador/a ó se declara-la invalidez citada.

e) Invalidez total absoluta e permanente derivada de accidente, sexa laboral ou non, ata o límite dos 65 anos de idade, 700.000 ptas. (4.207, 08 euros) que se lle aboarán ó/á traballador/a ó se declara-la invalidez citada.

Artigo 72º.-Vinculación ó seguro de vida.

O seguro de vida ó que se refire o artigo precedente vincúlase á permanencia do/da asegurado/a na empresa. O cesamento nela, por calquera motivo, dará orixe á baixa do productor na póliza deste segu

ro, sen que, polo tanto, este conserve dereito para percibi-lo importe do capital, no seu día garantido.

Artigo 73º.-Asistencia xurídica e coberturas.

Os traballadores/as que no desenvolvemento das súas funcións na empresa e na súa xornada de traballo sexan obxecto de roubo e/ou agresión terán inmediatamente asistencia xurídica da empresa, e no caso de roubo ou danos persoais, logo de xustificación acreditada coa correspondente denuncia, a empresa reparará economicamente os danos producidos ó empregado/a na súa contía.

Artigo 74º.-Difusión do convenio.

Cando este convenio sexa aprobado pola autoridade laboral, entregaráselle un exemplar del a cada empregado/a.

Artigo 75º.-Cláusula de absorción.

O réxime económico pactado neste convenio colectivo e valorado no seu cómputo anual absorberá automaticamente, ata onde alcance, todo aumento de salario ou percepción directa ou indirectamente salarial que se poida establecer, durante a súa vixencia, por disposición legal ou regulamentaria.

Artigo 76º.-Prelación de normas.

Este convenio prevalecerá sobre disposicións reguladoras do salario do laudo arbitral referenciado no artigo 1º deste convenio e doutras disposicións de carácter laboral, que se rexerán en convenio, ou que non se opoñan ó expresamente pactado nel. Todo iso por canto o convenio constitúe unha fonte xurídica en sentido propio e de dereito preciso, con forza legal de obrigatoriedade, sempre e cando non se vulneren preceptos de dereito necesario absoluto.

Artigo 77º.-Adscrición do persoal.

Se rematase a concesión do servicio por calquera dos concellos que a empresa ten en toda Galicia, os/as traballadores/as de Aquagest, S.A. pasarán a estar adscritos ó novo titular da concesión -salvo renuncia expresa do/da traballador/a-que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas do anterior adxudicatario verbo dos/as traballadores/as, calquera que sexa a situación na que están e a modalidade do seu contrato de traballo, agás aqueles/as traballadores/as que foran incorporados/as dentro dos últimos catro meses, se a dita incorporación non se debe a ampliación da contrata ou a unha esixencia expresa do cliente.

Artigo 78º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Artigo 79.

A subida salarial recollida neste convenio aplicarase sobre a totalidade dos conceptos salariais, a excepción do complemento persoal recollido no artigo 43º do convenio.

Disposición adicional

Durante a vixencia deste convenio, as partes asinantes comprométense a constituír unha comisión

técnica paritaria que terá como obxecto o estudio de todo o referente ó sistema de ascensos e provisión de vacantes e o establecemento de grupos profesionais, para a súa posta en práctica a partir do 1 de xaneiro do 2003. As conclusións desta comisión técnica trasladaranse á comisión negociadora do próximo convenio co fin de acada-lo acordo final sobre estes temas. Ámbalas partes se comprometen a chegar a acordo con anterioridade ó 1-6-2002. En caso de desacordo, comprométense a someterse a unha arbitraxe de equidade no Consello Galego de Relacións Laborais.

Disposición transitoria

Os atrasos que se puidesen producir desde a vixencia deste convenio ata a súa publicación deberán facerse efectivos dentro dos sesenta días seguintes á data do seu asinamento.

1999

Valoración euros

Grupo/categoríaSalario baseSalario anual

Grupo 1. Persoal titulado e técnico
Titulados/as de grao superior con xefatura1.067,0318.993,15
Titulados/as de grao superior952,7516.959,03
Titulados/as de grao medio con xefatura de servicio844,4015.030,39
Topógrafos/as de 1ª, delineante-proxectista, encargados/as de sección771,0613.724,91
Topógrafos/as de 2ª, delineantes, analistas695,4612.379,10
Auxiliares técnicos/as642,9211.443,99

Grupo 2. Persoal administrativo
Xefes/as de grupo944,9116.819,31
Xefes/as de sección ou negociado837,7714.912,39
Xefes/as de delegación, subxefes/as de sección, analista de aplicacións772,4313.749,20
Oficiais de 1ª, programadores/as, xefes/as de lectores/as, cobradores/as e almacén700,6812.472,07
Oficiais de 2ª, operadores/as de ordenador, encargados/as de lectores/as, cobradores/as e almacén672,4211.969,15
Auxiliares administrativos/as, inspectores de subministracións e almaceneiros/as640,6411.403,44
Lectores/as, cobradores/as616,2210.968,78

Grupo 3. Persoal obreiro
Capataces, encargados/as de taller, grupo ou estación; montadores/as, mecánicos, electricistas707,0712.585,79
Subcapataces, inspectores/as de instalación701,8312.492,50
Oficiais de 1ª694,2812.358,24
Oficiais de 2ª654,8711.656,66
Oficias de 3ª614,6510.940,75

Grupo/categoríaSalario baseSalario anual

Peóns especialistas600,9410.696,73
Peóns589,2810.489,19
Aprendices306,865.462,09

Grupo 4. Persoal subalterno
Persoal de limpeza587,7710.462,34

1999

Valoración pesetas

Grupo/categoríaSalario baseSalario anual

Grupo 1. Persoal titulado e técnico
Titulados/as de grao superior con xefatura177.5393.160.194
Titulados/as de grao superior158.5252.821.745
Titulados/as de grao medio con xefatura de servicio140.4972.500.847
Topógrafos/as de 1ª, delineante-proxectista, encargados/as de sección128.2942.283.633
Topógrafos/as de 2ª, delineantes, analistas115.7142.059.709
Auxiliares técnicos/as106.9731.904.119

Grupo 2. Persoal administrativo
Xefes/as de grupo157.2192.798.498
Xefes/as de sección ou negociado139.3942.481.213
Xefes/as de delegación, subxefes/as de sección, analista de aplicacións128.5212.287.674
Oficiais de 1ª, programadores/as, xefes/as de lectores/as, cobradores/as e almacén116.5832.075.177
Oficiais de 2ª, operadores/as de ordenador, encargados/as de lectores/as, cobradores/as e almacén111.8821.991.500
Auxiliares administrativos/as, inspectores de subministracións e almaceneiros/as106.5941.897.373
Lectores/as, cobradores/as102.5311.825.052

Grupo 3. Persoal obreiro
Capataces, encargados/as de taller, grupo ou estación; montadores/as, mecánicos, electricistas117.6462.094.099
Subcapataces, inspectores/as de instalación116.7742.078.577
Oficiais de 1ª115.5192.056.238
Oficiais de 2ª108.9611.939.506
Oficias de 3ª102.2691.820.388
Peóns especialistas99.9881.779.786
Peóns98.0481.745.254
Aprendices51.057908.815

Grupo 4. Persoal subalterno

Persoal de limpeza97.7971.740.787