Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento da resolución adoptada pola Alcaldía con data do 23-8-1999, anúnciase a contratación das obras, por procedemento aberto e concurso, de:

1. Obxecto do contrato: remodelación praza José Antonio.

2. Tipo de licitación: 7.286.096 ptas.

3. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

4. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

5. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no DOG.

6. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo para presentación de proposicións.

Sada, 24 de agosto de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde