Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 26 de xullo de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 18 (U-18)- Tras do Pilar ou Rapa da Folla-do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovido por Monteviejo Inversiones Inmobiliarias, S.L.

O ámbito da urbanización comprende o cuarteirón delimitado polas rúas Rosalía de Castro, Montero Ríos e Rapa da Folla.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 1999.

Luis Toxo Ramallo

Alcalde en funcións