Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Por Resolución da Alcaldía do 22-7-1999 acordouse aprobar inicialmente o estudio de detalle da unidade de execución sita en Samoedo, promovido por Juan Edreira Díaz.

Co citado estudio de detalle aprobouse inicialmente a delimitación da correspondente unidade de execución que se propón desenvolver a través do sistema de compensación de propietario único e o proxecto de compensación. Tamén se aprobaron inicialmente os proxectos de compensación e urbanización.

O ámbito de actuación sitúase no predio propiedade de Juan Edreira Díaz, sita en Samoedo, sinalada co nº 182.

En cumprimento do que dispoñen os artigos 94.3º e 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na secretaría do concello e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Sada, 28 de xullo de 1999.

O alcalde

Rubricado