Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Convócase o proceso selectivo para a contratación laboral temporal (como interino) dun posto de traballo de conserxe.

As bases para rexe-la contratación foron aprobadas por resolución da alcaldía do 22-7-1999, e publicáronse integramente no BOP da Coruña nº 186, do 14-8-1999.

Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 17 de agosto de 1999.

José Luis Torres Colomer.

Alcalde