Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXMO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 31 de maio de 1999 tomou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o expediente denominado modificación puntual da UA nº 34 sobre previsión de apertura de vía en Perillo.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, podería interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da sua notificación, perante o mesmo órgano que a dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994, de modificación da Lei 30/1992, do RXAPPAC).

Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 22 de xuño de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa presidenta en funcións