Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 02 de setembro de 1999 Páx. 10.884

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Acordo da Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 18 de agosto de 1999, polo que se aproban as contratacións por concurso, para a execución das obras que a continuación se sinalan consonte as seguintes características:

Título da obra: pavimentación e dotación de servicios na rúa de San Lourenzo.

Orzamento: 39.888.515 ptas.

Prazo: 3 meses.

Título da obra: reurbanizacion da rúa Río Avia.

Orzamento: 14.311.321 ptas.

Prazo: 3 meses.

Título da obra: reurbanización da rúa Río Tamoga.

Orzamento: 10.334.776 ptas.

Prazo: 2 meses.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a execución das obras antes sinaladas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamentos base de licitación.

Os sinalados anteriormente.

5. Garantías.

Provisional: o 2% sobre do orzamento de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría E, para a obra sinalada no primeiro lugar.

b) Outros requisitos: os sinalados nos pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Praza Maior, 1.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o seguinte día hábil (agás sábado) posterior ó do prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o undécimo día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións e no teléfono indicado no punto 6 d).

11. Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 23 de agosto de 1999.

Eva Mª Martín Minguela

Vicesecretaria

Vº e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

Fernando Xavier Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área